Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea desenvolve tecnoloxías de mobilidade a medida para a Policía de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea desenvolve tecnoloxías de mobilidade a medida para a Policía de Pontevedra

Redacción
Publicado: 03/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_pontevedra.jpgA firma compostelá Balidea, da que falamos recentemente con motivo do lanzamento da aplicación deportiva ADESTRapp e do seu apoio aos alumnos do Posgrao de Xestión da Innovación da UDC, vén de informar dunha nova iniciativa de desenvolvemento tecnolóxico, desta volta para a Policía Local de Pontevedra. Trátase da materialización dunha plataforma a medida para facilitar ao máximo o labor administrativo en mobilidade dos traballadores de dito departamento. Máis polo miúdo, sinala Balidea, para achegar un importante extra de eficiencia e sinxeleza na emisión de denuncias de tráfico.
Segundo engade a empresa, a ferramenta foi deseñada de maneira específica para os modelos de móbiles e tabletas que se usan na Policía Local de Pontevedra, achegando as solucións máis acaidas ás necesidades dos seus integrantes. A tecnoloxía creada por Balidea inclúe dous compoñentes. Por unha banda, unha aplicación móbil para Android, compatible coas versións 4.4.x e superiores. Pola outra, unha serie de servizos que permiten a sincronización de información entre os móbiles e o servidor central.
Balidea cita entre as súas principais funcionalidades a capacidade para identificar usuarios nos dispositivos contra un servidor central, “así como a sincronización de datos entre ambos, o servidor e o dispositivo móbil”. A principal vantaxe disto é que o servidor sitúase en disposición de achegar aos dispositivos dos axentes “datos mestres”, por exemplo o rueiro da cidade, “ao tempo que dende os dispositivos envíanse directamente as denuncias ao servidor central”. Ademais, explica a compañía, “a ferramenta permite a captura de sinaturas dixitalizadas, tanto de axentes coma de cidadáns, a impresión de boletíns con impresoras móbiles e a consulta de datos dos servidores da Dirección Xeral de Tráfico, permitíndolles contrastar información de vehículos e persoas en tempo real”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?