Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG entrega os seus Premios anuais en Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG entrega os seus Premios anuais en Compostela

Redacción
Publicado: 03/06/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na pasada edición da Noite da Enxeñaría en Informática
Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na pasada edición da Noite da Enxeñaría en Informática
Hoxe celebrouse a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, evento anual do CPEIG no que xúntanse unha nutrida representación dos enxeñeiros en Informática da nosa comunidade para pór de relevo o papel da informática e dos seus profesionais na sociedade actual, nun acto presidido por Fernando Suárez, máximo representante do Colexio, e que contou coa amenización da estrela televisiva Leo Harlem, quen actuou como mestre de cerimonias nun evento que congregou a máis de 300 persoas no Hotel-Monumento San Francisco.

No encontro fíxose entrega dunha nova edición dos Premios anuais que entrega o CPEIG, e que este ano foron os seguintes:
– Premio Proxecto Fin de Carreira: María García García polo proxecto Estratexias transaccionais para lograr High-Perfomance en aplicacións JEE7. O obxectivo do traballo é maximizar a eficiencia dos sistemas de transacción garantindo a integridade e consistencia dos datos.
– Premio Iniciativa Emprendedora: a empresa NLPgo, con sede en Bertamiráns (Ames), nace en 2015 coa vocación de ser o apoio informático necesario para calquera lingüista ou grupo de lingüistas que non dispoñan do soporte informático suficiente para levar a cabo os seus proxectos.
– Premio e-Inclusión: Fundación Vodafone España, pola súa acción social, que realiza con proxectos apoiados en desenvolvementos das TIC a prol das persoas maiores e das persoas con discapacidade baixo o epígrafe Connecting for Good.
– Premio Ada Byron: Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática da Universidade da Coruña da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos, creou en 1996 o Laboratorio de Bases de Datos (LBD,) declarado como grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia, que dirixe desde entón.
– Premio Iniciativa da Administración: Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo seu proxecto Civil UAVs Initiative. Esta iniciativa, centrada no sector dos avións non tripulados, suporá un investimento de 115 millóns de euros, a creación de 600 empregos e a mellora da concorrencia industrial galega.
– Premio Iniciativa Empresarial: Autoridade Portuaria da Coruña, polo proxecto Smart Port A Coruña, desenvolvido pola UTE Avante Emetel-Altia. O Porto da Coruña aposta por unha solución tecnolóxica a medida que innova sobre solucións existentes e que inclúe investigación e desenvolvemento de novas funcionalidades.
– Premio Traxectoria Profesional: Patricia Rodríguez Dapena, fundadora e CEO dunha empresa asentada en Vigo a través da cal traballa en proxectos relacionados con satélites, coma o Meteosat, e sectores como a automoción. Foi enxeñeira de software e de calidade de software en diferentes empresas españolas e tamén foi staff da Axencia Espacial Europea en Holanda (ESTEC).
– Recoñecemento á Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo polos seus 25 anos de brillante traxectoria desde o campus de Ourense.
– Colexiado de honra: Alejandro Pazos Sierra, catedrático da Universidade da Coruña cunha dilatada carreira profesional como investigador, docente e xestor, é pioneiro en servirlle á medicina desde a intelixencia artificial. Fundou o Grupo de Informática Biomédica (GIB), pioneiro en España nesa área, na Universidade Politécnica de Madrid, e en 1990 o GIB na UDC, pioneiro en Galicia.

Conde subliña o papel da industria informática nos avións non tripulados

A esta cita acudiu o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen destacou o rol da informática galega como piar do polo tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, en mención do proxecto Civil UAVs Initiative que recibiu un dos premios da noite, e que suporá un investimento de 115 millóns de euros “e que sumará infraestruturas nas que a informática será fundamental, desde un centro tecnolóxicos ata unha unidade de formación de operadores de sensores”.
Conde tamén defendeu a transversalidade do sector informático na adaptación do tecido fabril galego á Industria 4.0, revolución industrial que estará baseada en tecnoloxías intimamente ligadas ao sector, como a Internet das Cousas, os novos sensores, ou o Big Data, salientando de paso que “a xestión informática e a ciberseguridade serán vitais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?