Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra organiza en xuño 36 obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra organiza en xuño 36 obradoiros TIC

Redacción
Publicado: 06/06/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

computadora_traballando-6.jpgO Centro Provincial de Asesoramento Empresarial da Deputación de Pontevedra, o CPAE 2.0, desenvolverá ao longo deste mes de xuño 36 obradoiros ao abeiro da súa programación de eventos informativos sobre novas tecnoloxías da información. Como recordaremos a rede CPAE 2.0 é un servizo de asesoramento TIC para as empresas e está composto por seis centros situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño. O CPAE 2.0 ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio electrónico e impulsar a venda en liña.
En Cambados, no Centro ExpoSalnés, os obradoiros serán Xestiona o teu negocio dende o móbil (o martes 7), Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico (o luns 13), Vén descubrir que son e para que serven as redes sociais (o xoves 16), Sácalle partido á túa conta de Gmail (o martes 21) e, por último, Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…(o mércores 29), todos en horario de 19:00 horas. A eles haberíaselle que engadir o de A túa información sempre á man, almacenamento na nube que tivo lugar o pasado día 2.
En Lalín, no Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000, Redes sociais para a venda (o luns 6), Como mellorar a percepción da túa clientelas cos teus e-mails? (o xoves 9), A túa páxina web en menos de 90 minutos (o martes 14), Facebook Ads (o luns 20), Saca as túas fotografías para o comercio electrónico (o mércores 22) e, por último, Como empregar Google e Google Apps for Business (o martes 28), todos en horario de 19:00 horas.
No concello do Porriño, no Multicentro municipal, as actividades serán as de Sácalle partido á túa conta de Gmail (foi o sábado 4 ás 11:00 horas), Vén descubrir que son e para que serven as redes sociais (o venres 10), Google Analytics: iniciación á analítica web (o martes 14), Medios de pago: novas tecnoloxías aplicadas ao pagamento (o xoves 16), Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e iOS (o luns 20) e Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas (o xoves 30), todas elas, agás a primeira, a partires das 19:00 horas.
No caso de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, as actividades serán Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas (o mércores 8), Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais (o mércores 15), Saca as túas fotografías para o comercio electrónico (o venres 17 ás 13:00 horas), LinkedIn: a túa rede de networking (o xoves 23) e, por último, Google Analytics: interpretación dos datos e toma de decisións (o luns 27). Todas elas, agás onde se indicou o contrario, comezarán ás 19:00 horas. Con anterioridade, a vila tamén acolleu o curso Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite o pasado 2 de xuño.
En Pontevedra, os obradoiros do CPAE 2.0 neste mes comezan o sábado 11 ás 11:00 horas con Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO e seguirán con Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite (venres 17), Como empregar Google e Google Apps for Business (o mércores 22), Google Analytics: interpretación dos datos e toma de decisións (sábado 25 ás 11:00 horas), Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google? (o martes 28) e, para rematar, Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico (o xoves 30). Agás nos casos nos que se indicou o contrario, o horario de inicio dos obradoiros é as 19:00 horas, e todas elas serán desenvolvidas no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra.
En último lugar, en Vigo (na sede da Deputación de Pontevedra) impartiranse os obradoiros Edición de fotografía para plataformas de comercio electrónico (o martes 7), A túa información sempre á man, almacenamento na nube (o luns 13), Como empregar Google e Google Apps for Business (o sábado 18), Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais (o mércores 22) e Xestiona o teu negocio dende o móbil (o mércores 29), todas elas a partir das 19:00 horas agás a celebrada durante o sábado, que comezará ás 11:00 horas. Con anterioridade, Vigo tamén acolleu o pasado venres 3 de xuño o obradoiro Coñece as últimas solucións TIC para a xestión de reservas.
As persoas interesadas poderanse inscribir e obter información a través da páxina cpae20.depo.es, previo rexistro, e o teléfono 886 20 20 20.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?