Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant define na IoT Week os avances da Internet das Cousas para o sector primario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant define na IoT Week os avances da Internet das Cousas para o sector primario

Redacción
Publicado: 07/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gradiant_iot_week.jpgA semana pasada, entre o 31 de maio e o 2 de xuño, celebrouse na capital de Serbia, Belgrado, o encontro IoT Week 2016, centrado no ámbito da Internet das Cousas (Internet of Things, IoT). A xuntanza, que contou coa presenza activa de case medio milleiro de profesionais e investigadores de todo o mundo (amosando o máis avanzado das tecnoloxías dos obxectos conectados e establecendo ligazóns para futuras colaboracións), tivo presenza galega. Máis en detalle a do Centro Tecnolóxico Gradiant, que acudiu en calidade de referente europeo en innovación IoT. Segundo nos contan dende Gradiant, durante as charlas, as conferencias e as demostracións desenvolvidas ao abeiro da IoT Week, debulláronse os aspectos máis salientables do impulso actual das tecnoloxías dos obxectivos conectados. Fíxose especial fincapé nos retos expostos por eidos de aplicación, como as Cidades Intelixentes e máis o sector primario.
Nun plano máis técnico, informa Gradiant, emprestouse especial atención á interoperabilidade e á estandarización, e sobre todo á seguridade e protección dos datos, isto último motivado en parte pola recente entrada en vigor da nova Regulación Xeral Europea de Protección de Datos.
A xuntanza tamén amosou a firme aposta da Comisión Europea polas tecnoloxías IoT coma un dos alicerces da estratexia de Mercado Dixital Único. Segundo engade Gradiant ao fío do devandito, os plans da Comisión apuntan a programas e convocatorias de proxectos “nos que se fomentará unha meirande hibridación sectorial para axudar a horizontalizar as cadeas de valor e derrubar as barreiras tradicionais entre sectores”. O centro tecnolóxico galego tamén destacou o anuncio no evento da publicación do libro branco Europa-China sobre IoT, que vén acompañado dunha serie de medidas para reforzar a cooperación Europa-China en materia de estandarización e proxectos conxuntos.
iotweek.jpg Respecto do papel desenvolvido en Belgrado por Gradiant, a súa participación en IoT Week centrouse en afianzar os avances na aplicación destas tecnoloxías no sector primario, que é, precisamente, unha das prioridades da Alianza Europea para a Innovación na Internet das Cousas (AIOTI). O director xeral de Gradiant, Luis Pérez Freire (tamén presidente do Grupo de Traballo 06 de AIOTI, centrado nos ámbitos Smart Farming & Food Security), dirixiu a sesión Agricultura intelixente: maior rendemento, mellor calidade, aumento da eficiencia celebrada o día 1 de xuño.
20160328-iot-week-belgrado-2.jpgA devandita actividade contou con presentacións de investigadores referenciais no ámbito IoT, así como de representantes de empresas do sector agroalimentario de Europa do Leste. A sesión, informa Gradiant, serviu entre outras cousas para constatar “un consenso destacable en canto o papel fundamental que a Internet das Cousas vai ter no futuro inmediato do sector primario a nivel global”, dado que as tecnoloxías IoT albíscanse xa como ferramentas indispensables para aumentar a produtividade e contribuír a unha maior sustentabilidade. Neste senso, tamén se falou na sesión dun dos grandes retos para a adopción masiva das tecnoloxías avanzadas dos obxectos conectados no sector primario a medio prazo, un reto que consiste en asegurar o retorno de investimento nun período de tempo razoable. Para isto, explica o centro tecnolóxico, “debe terse en conta o tamaño das explotacións agropecuarias, con diferentes necesidades e diversas capacidades de investimento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?