Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra será o centro da realidade virtual coa primeira edición do Tek-Fest
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra será o centro da realidade virtual coa primeira edición do Tek-Fest

Redacción
Publicado: 07/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tek_fest.jpgEste martes presentouse en Pontevedra o evento Tek Fest, encontro internacional de tecnoloxías emerxentes que se celebrará na cidade do Lérez na semana do 27 de setembro. Na súa presentación, os concelleiros Anabel Gulías e Alberto Oubiña, responsables de Promoción da Cidade e Novas Tecnoloxías, incidiron no carácter cen por cen pioneiro da actividade. No acto tamén participaron Toño Cabanelas, director e coordinador do proxecto, e Manuel González, director do programa Zoom Net de TVE. O Tek Fest, fixeron saber, xorde “coma unha ponte entre as institucións, as empresas e a cidadanía para democratizar os recursos máis avanzados da cultura dixital: a hiperconexión, os datos masivos, a realidade virtual ou a intelixencia artificial”.
A cita será en setembro. O día 27 haberá unha conferencia inaugural e desenvolveranse obradoiros entre o 28 e setembro e o 1 de outubro. Ademais, sinalaron hoxe na presentación, durante os meses previos ao evento está previsto celebrar distintos obradoiros para introducirnos no Tek Fest, evento que nesta primeira edición xirará arredor da realidade virtual. Participarán grandes profesionais internacionais do sector amosando cousas como os últimos adiantos en cámaras estereoscópicas, son binaural en 360 graos ou lentes e cascos VR.
O evento está pensado sobre todo para profesionais de áreas tecnolóxicas, pero tamén para outros perfís como por exemplo xente nativa dixital, curiosas/os das novas tecnoloxías e, tamén, calquera visitante “coa arela de coñecer de primeira man as tecnoloxías que están a cambiar o mundo”.
O Tek Fest está proposto como “un encontro profesional internacional de tecnoloxía”, con profesionais “de primeiro nivel” e poñendo ao alcance de Pontevedra e contorna coñecementos avanzados, experiencias de profesionais e oportunidades de negocio. “O evento será moi importante para a cidade”, sinalouse na presentación engadindo que en virtude de Tek Fest Pontevedra será pioneira en “desenvolver obradoiros sobre esta tecnoloxía tan innovadora e con tantas aplicacións prácticas: xornalismo, arquitectura, medicina, cine, turismo, comercio electrónico…”.
Na xornada de hoxe Manuel González e Toño Cabanelas impartiron un obradoiro de “comunicación inmersiva” na Casa da Luz e pola tarde está prevista unha sesión de traballo do equipo do festival na sede. Ás 20.00 horas está programada a presentación do proxecto ás empresas incluídas no Puntazo. Será na Casa da Luz e participa a empresa Sal y Laurel (Marín), que presentará “a primeira experiencia en realidade virtual que mestura a gastronomía galega e a contorna”. Adícase nesta primeira ocasión, ao percebe e ao labor dos percebeiros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?