
O obxectivo da actividade é xuntar forzas cos ditos internautas referenciais para promover o atractivo de Ferrol no mundo a través das moitas canles e vertentes da Sociedade da Información (Internet, redes sociais, blogs, dispositivos).
A actividade enmárcase na nova liña de promoción desenvolvida pola Concellería de Turismo, que dirixe Bruno Díaz. Contará coa presenza de Carlos Olmo (Vagamundos), Víctor Gómez (Machbell), Sabela Montero (Viajando blog imágenes y sensaciones), Víctor Fernando (Foto escapada), Verónica Martínez (Vero4travel), Laura Fernández (Meridiano 180) e Pepe Romera, experto en vídeo mercadotecnia e responsable de peperomera.com.
O obxectivo, como dixemos, é conseguir que os participantes no Blog Trip Concello de Ferrol poidan amosar “o enorme potencial da cidade no ámbito de lecer activo e turismo de natureza”, de xeito paralelo ao coñecemento da súa historia e arquitectura, “incidindo así na nova liña de promoción desenvolvida pola Concellería de Turismo, que dirixe Bruno Díaz”.
Sete blogueiros referenciais darán conta dos atractivos turísticos de Ferrol
Compartir Este Artigo

