Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AtlantTIC e a Facultade de Historia (UVigo) participan nun proxecto para conectar os bens culturais europeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AtlantTIC e a Facultade de Historia (UVigo) participan nun proxecto para conectar os bens culturais europeos

Redacción
Publicado: 08/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_crosscult.jpgO proxecto CrossCult é unha iniciativa europea na que participan unha ducia de socios de sete países europeos e unha manchea de investigadoras e investigadores das novas tecnoloxías, as ciencias e as humanidades. O obxectivo: optimizar o coñecemento de Europa a través da conexión dos seus bens culturais. A iniciativa vén de acadar unha subvención de máis de 3,5 millóns de euros e ten a súa orixe en 2014, nas conversacións entre investigadores do Luxembourg Institute of Science and Tecnology, LIST e as universidades de Vigo e do Peloponeso, que desde 2007 coincidían en congresos especializados na área da web semántica e os sistemas de información intelixente. CrossCult, en termos máis concretos, busca tirar proveito da tecnoloxía da web semántica para fomentar a reutilización de todo o volume de contido dixital que xa existe, “máis aló da área de influencia dun museo concreto”.
Así nolo contan os grupos participantes da Universidade de Vigo: o grupo de investigación en Servizos para a Sociedade da Información (GSSI) de AtlantTIC, e o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, GEAAT, da Facultade de Historia do Campus de Ourense. O primeiro equipo de investigadores achegará, dende a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, un sistema que, a través de bases de datos e algoritmos, sexa quen de descubrir as relacións entre os recursos culturais. Pola súa banda, o grupo de historiadoras traballará na identificación de contidos e posibles interrelacións.
Xunto á institución académica viguesa, a do Peloponeso e o LIST, que coordina o proxecto, participan en CrossCult, a National Gallery e a University College London de Reino Unido, o Centre Virtuel de la Connaissane sur l’Europe de Luxemburgo, o Centre National de la Recherche Scientifique de Francia, a Università Tà Malta, a Università degli Studi di Padova de Italia, o Tecnologiko Ekpaideftiko Idryma Athinas de Grecia e a empresa española GVAM Guías Interactivas S.L.
Segundo informa a Universidade de Vigo, CrossCult arrinca no seu desenvolvemento (de aquí ata 2019) “co deseño de catro pilotos cos que explorar os desafíos e oportunidades duns escenarios que van de Londres a Lugo, pasando por Chaves, Epidauro, Trípoli, Luxemburgo e A Valetta”. O primeiro dos escenarios, un gran museo multitemático, desenvolverase na National Gallery de Londres “coa finalidade de enriquecer a experiencia dos e das visitantes, para que cada día se podan contar historias novas, que interconecten recursos que están en diferentes localizacións”.
O segundo piloto trata de interrelacionar institucións culturais de distintos países tentando atopar elementos comúns para contar historias que remitan a feitos concretos. A materialización deste proxecto contará coa participación dos balnearios romanos de Lugo e Chaves, así como do xacemento de Montegrotto Terme en Italia e o teatro grego de Epidauro.
O terceiro dos pilotos desenvolveríase en museos pequenos que queren sacar o máximo partido dos seus recursos relacionándoos con temas de actualidade ou de interese para cada usuario ou usuaria, mentres que o cuarto céntrase en Cidades Intelixentes, con rúas que poden contar todo tipo de historias a persoas procedentes doutros lugares.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?