Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cuarta Porta pon a infografía en 3D ao alcance da man de autónomos e PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cuarta Porta pon a infografía en 3D ao alcance da man de autónomos e PEME

Redacción
Publicado: 08/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cuarta_porta.jpgSen dúbida un dos futuros da mercadotecnia pasa pola infografía en 3D, unha tecnoloxía que posibilita a materialización de imaxes e animacións cunha calidade moi próxima á realidade da nosa contorna, mesmo indo alén dela. A infografía en 3D, que se pode aplicar para dar forma a calquera produto ou proxecto que teñamos en mente antes de que ese produto ou proxecto (arquitectura, enxeñaría, urbanismo, deseño industrial, xardinería, etc) sexa unha realidade palpable, é un dos piares fundamentais da firma compostelá Cuarta Porta, que dun tempo a esta parte abriu interesantes camiños para que ideas de todo tipo (edificios, interiores, proxectos de urbanismo, produtos de mercado) poidan dar coa mellor das materializacións posibles. E tamén, coa mellor carreira comercial posible.
En palabras dos impulsores de Cuarta Porta, Víctor Vigo e Pablo Ces, “é o mellor método para amosar a un cliente un edificio que non está construído aínda, ou poder facer imaxes de construcións xa existentes, dende ángulos imposibles na realidade”. Un dos obxectivos desta firma compostelá, cuxos fundadores proveñen do ámbito audiovisual, é que as tecnoloxías de infografía en 3D estean ao alcance da man de todos os autónomos e empresas, por pequenas que estas sexan, esa é unha das razóns de ter fornecido unha ampla variedade de custes sobre proxectos, dependendo de cal sexa a envergadura do mesmo e da complexidade do modelo a achegar, etc.
cuarta_porta_infografias.jpgEn Cuarta Porta, ademais de cos devanditos clientes, traballan tamén dando forma a intervencións exteriores, industriais, oficinas ou despachos, sendo algúns dos principais usuarios dos seus servizos empresas de arquitectura, interiorismo ou decoración. Entre os principais clientes da firma compostelá atópanse empresas como por exemplo HRG, Augas Mondariz, Blusens, Cándido Hermida ou Augas Mestas. Tamén desenvolven importantes proxectos para concellos da nosa terra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?