Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos en robótica danse cita en Santa Cruz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos en robótica danse cita en Santa Cruz

Redacción
Publicado: 08/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

reunion_robotica_udc.jpgO Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, acolle ata mañá un encontro científico de robótica organizada polos investigadores do Grupo Integrado de Enxeñaría do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Dentro deste marco, presentouse o ROBOBO, un robot autónomo realizado polos investigadores deste grupo, cunha gran acollida entre os participantes deste evento científico. Investigadores deste Grupo traballan no desenvolvemento dunha nova xeración de robots que ademais de realizar accións básicas programadas poidan incorporar procesos de aprendizaxe na realización das súas habilidades.
robobo.jpgA reunión de Santa Cruz é a segunda Hackademia e englóbase dentro do proxecto europeo DREAM, e consiste nunha xuntanza de traballo que reúne a máis de 25 investigadores das cinco universidades involucradas en dito proxecto: Université Pierre et Marie Curie (coordinadora), ENSTA ParisTech, VU Amsterdam, Queen Mary University e Universidade da Coruña. Durante estes catro días, (a reunión comezou o luns), os investigadores realizarán diferentes grupos de traballo nas liñas que enfronta o proxecto DREAM, todas elas relacionadas coa incorporación de procesos de consolidación do coñecemento en arquitecturas cognitivas para robots autónomos. Algúns destes grupos centraranse en aspectos máis teóricos do proxecto mentres que outros estarán enfocados á realización de demostracións prácticas con robots.
O Grupo Integrado de Enxeñaría (GII) é un grupo interdisciplinar de investigación aplicada en enxeñaría, orientado á transferencia de coñecemento e á xeración de novos produtos no contorno industrial. O GII, desde a súa creación en 1999, está ubicado no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Está formado por un conxunto interdisciplinar de profesionais, configurando un equipo estable con gran capacidade e experiencia. A súa orixe e vinculación ás Escolas de Enxeñaría desta Universidade motiva un predominio desta disciplina no perfil dos técnicos: enxeñeiros navais, industriais, eléctricos, informáticos, telecomunicacións, deseño, etc. A actividade do GII céntrase arredor de dous eixos estratéxicos: a xeración de coñecemento científico e a transferencia de tecnoloxía á industria. A investigación científica estrutúrase a través das seguintes liñas: Enxeñaría Naval, Dinámica de Fluídos, Intelixencia Computacional, Robótica, Sistemas de Medida e Sensorización e Organización Industrial. Grazas aos máis de douscentos proxectos de investigación desenvolvidos, o GII está posicionado como un grupo de referencia nos seus ámbitos de actuación, establecendo colaboracións estables con organismos relevantes nacionais e internacionais. A través dun adecuado proceso de transferencia, os resultados desta investigación impulsan o desenvolvemento de numerosas solucións tecnolóxicas en sectores tales como o Naval, Off-Shore, Enerxía, Servizos Avanzados, Industria ou Loxística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?