Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e o Museo de Pontevedra festexan o Día Internacional dos Arquivos con cadansúas iniciativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e o Museo de Pontevedra festexan o Día Internacional dos Arquivos con cadansúas iniciativas

Redacción
Publicado: 09/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_dia_arquivos_245.avenida_marina.jpgHoxe celébrase o Día Internacional dos Arquivos, data na que se quer amosar á poboación a importancia que teñen a día de hoxe os arquivos. Para festexar esta xornada o Arquivo da Deputación da Coruña inauguraba hoxe unha exposición virtual da colección de fotografías e postais de Manuel Puga Pequeño. Puga Pequeño, viaxeiro e coleccionista, chegou a reunir preto dun milleiro de fotografías e postais da provincia da Coruña nunha colección que foi despois adquirida pola Deputación coruñesa. Unha pequena parte desas instantáneas pódense ver nesta exposición virtual e no catálogo en liña da páxina web do Arquivo da Deputación, na que se amosa como eran a Torre de Hércules, o Castelo de Santa Cruz de Oleiros, o parque do Pasatempo de Betanzos, a Ría do Burgo, ou o porto da Pobra do Caramiñal a comezos do pasado século.
Botando unha ollada cara atrás, o Arquivo da Deputación da Coruña constitúese ao mesmo tempo que a propia institución, en 1822. En 1888 produciuse o nomeamento de Bernardo Barreiro Vázquez como arquiveiro-bibliotecario, que sería substituído por Manuel Murguía en 1909.
E seguindo nesta mesma liña de homenaxe ao Día Internacional dos Arquivos, o Museo de Pontevedra (Deputación) tamén se une aos actos de conmemoración desta data amosando por primeira vez unha escolma de documentos senlleiros ao longo de dúas visitas guiadas á sala de reserva do museo.
museo_pontevedra.jpgSegundo apuntan dende o Museo, o que se pretende con este achegamento ao público non especializado é promover e difundir a necesidade de preservar a documentación de arquivo (do sector público e privado) e do seu dereito de acceder a eles.
Así, o centro pontevedrés contará hoxe cunha xornada de portas abertas nas que se dará a oportunidade, en dúas quendas, de facer unha visita guiada aos fondos documentais que se custodian no Museo. A responsable do arquivo, María Jesús Fortes, recibirá a cada grupo no edificio Fernández López, para explicar a orixe do arquivo, como se foi consolidando e que tipo de fondos documentais o conforman.
Realizarase unha visita pola mañá, ás 11:30 h, e outra pola tarde, ás 19 h. Entre as curiosidades que poderán verse hoxe no Museo de Pontevedra salientan: un documento no que Carlos III confirma os privilexios que os anteriores monarcas lle concederan ao Coto de Dozón; ou un tratado de ciencias sobre o cultivo da grana (século XVIII).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?