Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achéganos as claves dunha axeitada selección de perfís TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achéganos as claves dunha axeitada selección de perfís TIC

Redacción
Publicado: 09/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

entrevista_de_traballo.jpgVitae Consultores vai desenvolver os días vindeiros unha actividade formativa sobre como facernos cos profesionais das novas tecnoloxías máis acaidos para os nosos obxectivos e para a actividade de mercado das nosas empresas. O Curso Selección e Avaliación Avanzada de Perfís TIC baseadas na Neurociencia (formato PDF) está dirixido a directores de proxectos e profesionais de recursos humanos. Ten unha duración de 8 horas e celébrase nunha única xornada, a do venres 15 de xullo. Segundo informa Vitae acerca da finalidade deste obradoiro, “o sector tecnolóxico-dixital demanda arestora máis profesionais dos dispoñibles no mercado laboral e isto xéralles tensións ás empresas en canto a cumpriren os compromisos profesionais en calidade de prazo cos seus clientes e en controlar os custes salariais e a equidade interna dos mesmos”. O devandito curso céntrase en axudarnos a superar as ditas tensións.
Máis polo miúdo, envórcase na eficacia (“en que facer, máis que na eficiencia”) para seleccionar candidatos e avaliar o desempeño dos nosos profesionais en contornas de escaseza de profesionais, “aínda que ámbalas facetas, a eficacia e a eficiencia”, sinala Vitae, “son precisas para o éxito nos procesos de selección e avaliación”.
En definitiva, o obradoiro fornecerá un “método e unhas ferramentas coas que se teñen acadado porcentaxes de éxito de máis do 90% en selección de perfís TI, incluíndo perfís técnicos, perfís de xefes de proxectos, perfís de desenvolvemento de negocio e perfís de alta dirección”, explican dende Vitae, engadindo que o reto para os ditos procesos de escolma e análise é “ter un criterio para saber en que aspectos ceder e en cales non ceder na contratación dunha ou dun candidata/o ou na promoción dun dos nosos profesionais”.
O curso vai dirixido a directores e xefes de proxectos, xerentes ou profesionais de recursos humanos ou ben a calquera profesional que desexe adquirir as habilidades e os coñecementos para a selección e avaliación tanto de perfís tecnolóxico-dixitais como de calquera outro sector.
A actividade formativa celébrase o vindeiro 15 de xullo en horario de 9.30 a 13.30, e de 15.00 a 19.00 horas. A sede do obradoiro será o Hotel Attica 21 da Coruña.
O curso virá da man de Marcos Carbonell, profesional con máis de tres décadas de experiencia nos sectores do deporte, as novas tecnoloxías e os recursos humanos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?