Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Coruña faise co posto número 6 do Estado en canto a presenza nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Coruña faise co posto número 6 do Estado en canto a presenza nas redes sociais

Redacción
Publicado: 10/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna-3.jpgO Concello da Coruña decidía apostar polas redes sociais e abría perfís en Facebook e Twitter o 10 de xullo de 2015. Dende entón, conta cunha presenza relevante entre os perfís locais ao achegar comunicacións oficiais de interese para a cidadanía. Este feito supuxo para o Goberno local coruñés facerse coa sexta posición dos municipios de todo o Estado con maior penetración nas redes sociais. Segundo un estudo recente asinado pola consultora de comunicación ACH Cambre, A Coruña sitúase entre os dez primeiros concellos que gozan de maior número de seguidoras e seguidores entre a súa poboación.
Na mostra, elaborada sobre datos obtidos tanto do Instituto Nacional de Estatística como dos propios perfís oficiais na rede de 50 capitais de provincia, o municipio obtivo un ratio de case o 60% entre o número de seareiros que ten nas redes sociais e que pertencen á poboación do termo municipal.
A xeito de curiosidade, dicir que as cidades que gozan de maior repercusión entre a súa veciñanza son: Barcelona, Girona e Lleida, cun índice superior ao 100% (ao ter un maior número de seguidores que de poboación), seguidas de Santander (78,4%), Segovia (69,1%) e A Coruña (59,2%). En Galicia o municipio coruñés sitúase á cabeza desta listaxe, por diante de Ourense (33%), Pontevedra (21%) e Lugo (14%).
Amais de contar con presenza en Facebook, Twitter ou Youtube, o Concello da Coruña tamén conta cunha canle oficial de Vimeo -rede que non forma parte do estudo- na que poden consultarse todos os vídeos institucionais, organizados por canles, das distintas concellerías e proxectos municipais. Entre elas atópase a canle Plenos, na que se poden reproducir todas as sesións plenarias -ordinarias e extraordinarias- celebradas desde o pasado 11 de xullo así como a propia investidura do alcalde, Xulio Ferreiro, todas elas retransmitidas desde a portada do portal municipal.
Entre os contidos que se atopan nestas redes sitúanse informacións sobre as decisións e propostas do executivo municipal, avisos de interese ou axenda municipal, así como a retransmisión ao vivo de eventos como as sesións plenarias ou os encontros ”Dillo ti”.
O estudo tamén conclúe que o rexedor coruñés se sitúa na sexta posición dos alcaldes e alcaldesas con maior repercusión nas redes sociais cun 11,5% de penetración entre a poboación.
A xeito de resumo, A Coruña é a única das catro localidades do Estado (xunto a Barcelona, Lleida e Toledo) na que tanto os perfís institucionais como os das e dos primeiros edís sitúanse entre os 10 primeiros postos do índice de penetración entre a poboación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?