Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno avala a transformación de Ourense no primeiro destino turístico smart do eido estatal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno avala a transformación de Ourense no primeiro destino turístico smart do eido estatal

Redacción
Publicado: 10/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depo_ourense.jpgO Goberno central vén de darlle un importante impulso ao proxecto de Destino Turístico Intelixente da Deputación de Ourense. En termos máis concretos, o Executivo confirmou o potencial da provincia galega para ser a primeira provincia smart do conxunto do Estado. Deuno a coñecer onte Antonio López de Ávila, presidente da Sociedade Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (SEGITTUR), pertencente ao Ministerio de Industria, na celebración da xornada Destinos Turísticos Intelixentes, comercialización e experiencias Spain.info, que se desenvolveu no balneario de Laias (Cenlle), coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e de medio cento de profesionais da cultura e o turismo de toda a provincia.
No marco desta reunión, López de Ávila salientou o labor que está a desenvolver a Deputación de Ourense “coa posta en marcha de iniciativas innovadoras aplicadas á xestión turística, sinaladamente no ámbito do termalismo social e deportivo, que se traducen en promoción e competitividade para a provincia de Ourense”. Neste senso, o presidente de SEGITTUR certificou a capacidade deste territorio galego para ser “a primeira provincia co distintivo Destino Turístico Intelixente”. Tamén dixo, valorando as posibilidades que se abren con esta acreditación, que ser destino smart supón “aplicar os últimos avances tecnolóxicos na xestión, xeo-localización e posicionamento turístico na procura de novos mecanismos para impulsar a innovación nos destinos co desenvolvemento das novas tecnoloxías, para crear servizos diferenciais e competitivos con base na tecnoloxía aplicada ao turismo”.
depou_smart_ckgy3vhweaagqsd.jpgBaltar, pola súa banda, expresou a súa confianza en acadar os pulos orzamentarios precisos, principalmente a través de financiamento europeo, e máis tendo en conta que “a iniciativa xa ten espertado o interese doutros territorios dentro e fóra de España, tratándose como se trata dun proxecto no que a Deputación actúa como eixe vertebrador de todos os concellos á hora de prestar servizos aos cidadáns”.
Na xornada, organizada polo INORDE, desenvolvéronse dous relatorios, un a cargo de Antonio López de Ávila, quen falou da aposta de futuro que supoñen os Destinos Turísticos Intelixentes, e Patricia Zapardiel, directora de Proxectos de SEGITTUR, quen ofreceu claves de impulso e asesoramento para a creación e comercialización de experiencias turísticas a través do portal oficial de turismo de España www.spain.info.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?