Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EmpregaTIC mellorará as opcións laborais de 15 mozas e mozos de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EmpregaTIC mellorará as opcións laborais de 15 mozas e mozos de Lugo

Redacción
Publicado: 13/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computadora_traballando-7.jpgO Concello de Lugo anunciou os días pasados unha iniciativa para mellorar a empregabilidade local a través da formación avanzada en novas tecnoloxías da información. A actividade EmpregaTIC foi dada a coñecer pola concelleira de Economía e Emprego, Ana Prieto, que incidiu en que se trata dun obradoiro que arrincará este verán, “entre os meses de agosto e setembro”, e terá unha duración de medio ano. O curso, que foi concedido pola Xunta ao Concello, “abrirá novas oportunidades laborais a 15 mozos e mozas lucenses menores de 30 anos no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación”, sinalou a concelleira.
O obradoiro contará coa presenza dun director e dous profesores, que se ocuparán da formación aos alumnos-traballadores. Estes repartiranse en dous módulos: oito en xestión de mercadotecnia e comunicación e sete en desenvolvemento de produtos multimedia.
Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade.
Prieto dixo que EmpregaTIC cumprirá un obxectivo duplo. Por unha banda, mellorar as posibilidades de inserción laboral da mocidade, “especialmente afectada polo paro”, facendo fincapé no nicho de emprego TIC, “un sector que no 2013 deu traballo a preto de 1,6 millóns de persoas en España de forma directa e indirecta”, sinalou. Por outra banda, “pór en valor o patrimonio documental, natural e histórico de Lugo”.
A actividade, engadiu, servirá para “pechar a cadea de valor xerada nos catro talleres de emprego anteriores que financiou a Xunta -Memoria da Cidade, Arqueo Lvcvs, Urbs Lvcvs e Cultur@Lvcvs-, culminando ese traballo de documentación, dixitalización e catalogación “coa posta a disposición de todo o material a través das TIC e dos instrumentos de comunicación actuais á toda a cidadanía, turistas, investigadores, profesores ou estudantes”, explicou a Concelleira.
Entre as actuacións previstas figuran o deseño e activación dun portal web ou aplicación móbil, vídeos, infografías, un blog, plans de comunicación en medios de comunicación e redes sociais, análise do posicionamento doutros proxectos de promoción turística, detección de necesidades e definición de obxectivos e xestión de material audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?