Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: García Morán falará de Europa nas TIC da man do CPEIG e Balidea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

García Morán falará de Europa nas TIC da man do CPEIG e Balidea

Redacción
Publicado: 13/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

garciamoran1.jpgA empresa Balidea e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizan o vindeiro 16 de xuño a xornada As TIC nas Institucións da Unión Europea, un evento para esculcar nas principais presentes e vindeiras liñas de actividade tecnolóxico-dixital da administración europea. A xornada celebrase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela e nela, Francisco García Morán, conselleiro xefe en TI da Comisión, falará do plan de actuación tecnolóxico-dixital que se está a levar a cabo nas institucións da UE. A asistencia é de balde, previa inscrición no correo electrónico: eventos@cpeig.org.
A sesión, dirixida especialmente a estudantes e empresas, terá lugar a partir das 18.00 horas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. O relatorio de García Morán inclúe tres puntos de máxima actualidade: eGov e novo Plan de Acción da UE; open Government services; e Conecting Europe Facility (CEF) e interoperabilidade: Programa ISA2. Tras a súa intervención, abrirase unha rolda de preguntas.
Respecto do relator, lembrar que foi premiado hai dous anos polo CPEIG pola súa traxectoria profesional. Francisco García Morán é licenciado en Matemáticas pola Universidade de Sevilla e en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid. Comezou como profesor e enxeñeiro de Informática na Universidade de Sevilla e, despois de traballar durante varios anos no departamento de Informática do Ministerio de Educación e Ciencia e como responsable de diversos servizos informáticos na Xunta de Andalucía, incorporouse á Comisión Europea en 1986, onde continuou traballando na área da Informática.
En 2001 foi nomeado director de Informática da Dirección Xeral de Persoal e Administración. Foi artífice da creación da Dirección Xeral de Informática, encargada da definición da estratexia TI da Comisión Europea, da que foi responsable a partir de novembro de 2005 ata febreiro do pasado ano. En marzo de 2013 converteuse en asesor da Comisión Europea, en calidade de xefe de Informática, centrado en áreas tan importantes como o eGoberno, as estratexias dixitais e a seguridade TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?