Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant participa en voos experimentais con UAVs no aeródromo de Rozas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant participa en voos experimentais con UAVs no aeródromo de Rozas

Redacción
Publicado: 13/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gradiant_probas_uav_rozas.jpgO Aeródromo de Rozas (Lugo) acolle estes días os segundos voos experimentais de validación en UAVs (Vehículos Aéreos non Tripulados, polas súas siglas en inglés Unnamed Aerial Vehicles) da tecnoloxía de comunicación por satélite desenvolvido ao abeiro de TÁCTICA, proxecto dirixido a mellorar os sistemas actuais de comunicación vía satélite dende estacións móbiles no ámbito civil, transmitindo información en menos tempo e con meirandes taxas de fiabilidade na comunicación e velocidade na transmisión.
TÁCTICA, como lembraremos, rematou a súa andaina en decembro 2015 e veu da man do Centro AtlantTIC da Universidade de Vigo, contando coa participación do Centro Tecnolóxico Gradiant e de SCR (Sistemas de Control Remoto) do grupo Everis Aeroespacial e Defensa.
Segundo nos contan dende Gradiant, durante este tres últimos días probáronse melloras nun innovador sistema de comunicacións embarcado nun UAV e a súa conexión en tempo real cun satélite, co fin de validar o traballo de I+D+i realizado dentro do marco do proxecto. “A súa principal innovación”, explica o centro tecnolóxico, “reside en ser un sistema de comunicacións satélite con capacidade de adaptación, capaz de variar a taxa de información transmitida en función das características da canle de comunicación”.
gradiant_probas_tactica.jpgAtlantTIC, ao fío do devandito, desenvolveu algoritmos para acadar a adaptación da ligazón que precisamente permite adecuar as transmisións ás condicións da canle. Gradiant, pola súa banda, conseguiu deseñar e implementar o software e hardware, tanto o embarcado no dron de probas, como no equipamento da estación base no aeródromo. “Desta maneira”, explican, “lógranse comunicacións máis fiables en diferentes condicións de voo, auméntase a cantidade de datos, e a súa velocidade de transmisión”.
O modelo de proba, de feito, conseguiu comunicarse a través dun satélite norteamericano a 10.500 quilómetros de altura cunha base terrestre.
SCR puxo a disposición das probas experimentais un UAV de medio alcance que permite voar con payloads de 7 quilogramos en misións de ata 5 horas de duración.
O proxecto TÁCTICA, que contou co apoio do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO) e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), expúxose como un gran proxecto de I+D, con varias de liñas de investigación que impulsaron o polo de xeración e transferencia de coñecemento TIC creado en Galicia; e que permitiron xerar coñecemento aplicado con resultados, en palabras dos impulsores da iniciativa, “claramente transferibles á industria”. A través desta colaboración en TÁCTICA, Gradiant consolidou a súa traxectoria e a súa competencia tecnolóxica no sector das aeronaves non tripuladas, e reforzou o seu modelo de transferencia tecnolóxica cara ás empresas.
“O éxito das probas realizadas abre un novo espectro de oportunidades no marco do sector dos UAV”, engade o centro tecnolóxico galego acerca das experiencias realizadas nas Rozas, cualificando este sector de “industria que ha ir adquirindo peso en Galicia nos últimos tempos e onde a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), apostou fortemente co seu Civil UAV Initiative para crear un polo de desenvolvemento tecnolóxico-industrial, da man das empresas Indra e Inaer, no ámbito dos sistemas aéreos non tripulados”. Gradiant, como centro tecnolóxico TIC referencia en Galicia, participará activamente desta iniciativa durante os vindeiros anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?