Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O matemático que creou a neve da película Frozen visita Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O matemático que creou a neve da película Frozen visita Santiago

Redacción
Publicado: 13/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

frozen_folerpas.jpgJoseph Teran, o deseñador e matemático que creou a neve do filme Frozen, estará este martes 14 en Santiago para falar (entre outras cousas) da súa experiencia dando vida aos escenarios invernais da devandita adaptación do conto A raíña das neves de Andersen, gañadora en 2013 o Óscar á Mellor Película Animada. Será o marco da 19th European Conference on Mathematics for Industry (ECMI 2016) que se celebra no Auditorio Abanca. A cita desenvólvese a partir das 20 horas e poderá acudir o público en xeral ata completar aforamento. Participarán dúas empresas galegas de animación, The Gearing e Ottiplanet, sendo esta última a que fixo posible a primeira longametraxe de animación 3D realizada en Europa, El Bosque Animado, gañador de dous premios Goya.
Volvendo a Joseph Teran, sinalar que del son os modelos que serviron de alicerce para recrear o movemento das folerpas en Frozen, un movemento que segundo indican os organizadores do evento “chegou a converterse en sinal de identidade da devandita cinta”.
Teran será pois o protagonista da charla aberta ao público The Mathematical Way to the Oscars (O camiño matemático cara aos Óscar) que se celebra este 14 de xuño no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela. “O obxectivo é amosar que as matemáticas están detrás dos efectos especiais de moitas das películas e videoxogos que coñecemos”, explica o presidente do comité científico, Alfredo Bermúdez de Castro.
O evento de divulgación aberto ao público insírese dentro do congreso de matemáticas aplicadas á industria máis importante de Europa, o 19th European Conference on Mathematics for Industry (ECMI 2016), que se leva a cabo do 13 ao 17 de xuño en Santiago de Compostela.
Xunto a Teran, tamén falará Ignacio Vargas, representante da empresa española Next Limit Technology, creadora do movemento das grandes masas de auga que aparecen en películas como Ice Age e da lava do Monte do Destino no Señor dos Aneis.
Tamén falará Xenxo Álvarez que intervirá en nome de dúas compañías galegas que colaboran, The Gearing e Ottiplanet. A actividade de difusión será moderada polo comunicador científico e catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira Pérez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?