Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Premiado en Santiago un vídeo sobre a morte de ampla pegada no YouTube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Premiado en Santiago un vídeo sobre a morte de ampla pegada no YouTube

Redacción
Publicado: 13/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

asv_camino_spot.jpgOs días pasados celebrouse en Santiago a terceira edición do RSEncontro, un evento de alcance estatal dirixido a pór de relevo o traballo daquelas persoas, entidades e empresas cun firme compromiso a prol da ética empresarial e a actividade corporativa solidaria. No marco da actividade foi elixido como Mellor Proxecto de Responsabilidade Social Corporativa o vídeo Acompañámoste no teu camiño, do Grupo ASV Servizos Funerarios, con sede central en Alacante. A responsable da área de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de ASV, Sonia Carricondo, foi a encargada de presentar esta campaña creada co obxectivo “de concienciar na sociedade sobre o ciclo da vida, desde a sensibilidade e as ligazóns emocionais que van máis aló da morte”. O vídeo guindouse á Rede en decembro de 2015 e nunha semana acadou 200.000 visualizacións. En pouco máis dun mes, superou o medio millón.
Segundo informou Sonia tralo seu lanzamento converteuse nun dos cinco vídeos máis populares de YouTube en España, compartindo ranking con compañías e marcas como GoPro, Amstel ou a propia YouTube. Ademais, foi finalista nos Premios ALCE 2016, galardóns anuais que entrega a Asociación de Empresas de Publicidade da Provincia de Alacante, nas categorías de Campaña Global Online e Spots. Segundo fixo saber a empresa en Santiago, un dos grandes obxectivos foi “sensibilizar, a través da TV e a Internet, sobre un tema tan difícil e en ocasións mesmo tabú, como é o tema da morte”. O vídeo forma parte dunha campaña con páxina web de seu, entucamino.es.
encontro_santiago_sonia_carricondo.jpgSonia Carricondo amosou en Santiago a satisfacción da empresa que representa: “Estamos moi orgullosos deste recoñecemento por parte dun público especializado no sector da responsabilidade empresarial, xa que esta campaña aspira a acompañar e a mellorar a nosa contorna visualizando un tema tan delicado e sensible na nosa sociedade como é o da morte, a despedida dos nosos seres queridos e a superación do doo, o reto principal da nosa compañía”.
O evento RSEncontro celebrouse entre o 9 e o 11 de xuño no Centro Abanca Obra Social da Praza de Cervantes. Contou con presenza de firmas e profesionais estatais pero tamén con representantes do sector do emprendemento social e de consumo responsable da nosa terra, por exemplo as firmas Saraiva Senior, Fundación Lonxanet, Galletas Daveiga, Discamino, Vojo, Arqueixal e Promove.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?