Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN e a UVigo fan un chamamento para participarmos no certame europeo de navegación por satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN e a UVigo fan un chamamento para participarmos no certame europeo de navegación por satélite

Redacción
Publicado: 14/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_gain_concurso_navegacion_satelite.jpgA sede da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en Santiago acolleu este luns 13 unha xornada para dar a coñecer as oportunidades que se nos abren co Concurso Europeo de Navegación por Satélite (os European Satellite Navigation Competition-Galileo Masters), no que participou a nosa terra o ano pasado e no que recunca, este 2016, co obxectivo de ir alén dos logros obtidos na anterior edición: 17 ideas presentadas, o 11º posto final nun conxunto de 25 autonomías europeas e un importante premio para a Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo (pola súa aplicación para móbiles que permite enviar ás emerxencias unha imaxe co sitio exacto dun accidente).
Na dita presentación participaron Manuel Varela, director de GAIN e Teresa Pedrosa, delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. A presentación do concurso correu a cargo de Kathrin Sturm, xefa de proxectos de Anwendungszentrum GmbH Oberpfaffenhofen (AZO) e de Francisco Diaz-Otero, profesor da Universidade de Vigo e coordinador autonómico do concurso. A xuntanza informativa completouse cunha mesa redonda sobre o sector aeroespacial e aeronáutico en Galicia, que se centrou no Galileo Masters como unha oportunidade para o proxecto Civil UAVs Initiative, como lembraremos a iniciativa recentemente gañadora do Premio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG, no marco dos seus galardóns anuais.
O Concurso Europeo de Navegación por Satélite, promovido pola Axencia Espacial Europea, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais, é un certame internacional de innovación que premia as mellores ideas no desenvolvemento de aplicacións orientadas ao mercado e baseadas en tecnoloxías de navegación por satélite.
Desta volta o prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 30 de xuño. Galicia é unha das 21 autonomías asociadas e convoca dous premios, por un lado un premio autonómico promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo, a Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo, a empresa Marine Instruments e os centros de investigación AtlantTIC e Campus do Mar e, por outro lado, a Axencia Galega de Innovación concederá un premio especial no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados (UAVs) e as súas aplicacións no ámbito civil.
Todas as ideas que se presenten optarán de maneira simultánea a un premio internacional e a un premio rexional e, en total, o certame repartirá máis de 1 millón de euros en premios. As propostas deberán ser enviadas de xeito telemático desde a páxina web da organización, serán avaliadas en setembro nunha reunión internacional e en outubro terá lugar a cerimonia de entrega de premios.
A Zona Franca premiará ao gañador de Galicia cun ano de incubación nun dos parques empresariais da Zona Franca de Vigo, o que inclúe ademais do espazo físico, asistencia no desenvolvemento do produto, acceso a expertos, servizos administrativos e xerais, adestramento en negocios, consultoría, avaliación e formación, estudos de mercado e orientación económica. Este ano, ademais do premio de 1.000 euros que Marine Instruments outorgará de xeito adicional á mellor idea de navegación vía satélite no ámbito marítimo, a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación concederá un premio especial no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados: o premio Sistemas UAV para Aplicacións Civís.
Pola súa banda, o gañador ou gañadora do premio especial UAV, concedido en colaboración con Indra e Inaer, recibirá un paquete de apoio integral para o desenvolvemento da súa idea que inclúe 3.000 euros en efectivo, ademais de acceso ás infraestruturas de probas das Rozas, cooperación co INTA e o CIAR, así como acceso a Indra/Inaer.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?