Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo listo para o comezo do Foro de Innovación para o Emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Todo listo para o comezo do Foro de Innovación para o Emprego

Redacción
Publicado: 14/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pazo_congresos_santiago-5.jpgFinalmente comeza este mércores en Santiago o Foro da Innovación para o Emprego 2016. O evento, moi envorcado coas TIC e as súas posibilidades para atoparmos un posto de traballo, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións os días 15 e 16 de xuño. Segundo informa o Concello sobre os datos previos de participación, recibíronse 129 ofertas de 78 empresas diferentes, rexistráronse máis de 3.200 inscricións das persoas usuarias nesas ofertas e foron remitidos ás empresas máis de 800 currículos que se axustaban aos perfís requiridos. No que se refire ás actividades formativas, o programa inclúe máis de 30 obradoiros. A maiores, como lembraremos, nas semanas previas desenvolvéronse diversos cursos previos, relacionados coas novas tecnoloxías e a marca dixital na busca de emprego, vía e-learning e webinar, nos que participaron máis de 1.100 persoas.
fie.jpgOs propios días do evento haberá máis de 30 actividades formativas e de información sobre o mercado laboral, entre as cales estarán: obradoiros para a busca de emprego 2.0; cursos de programación e robótica; relatorios como Todo o que necesitas para atopar emprego e Crearán os robots máis emprego do que destruirán?; a actividade Presenta, convence, conquista (que inclúe formación teórica e práctica sobre oratoria, imaxe persoal, así como xestión de redes e recursos audiovisuais para o emprego); a presentación de empresas e proxectos innovadores no eido laboral, etc.
Nas diversas actividades participarán máis de medio centenar de formadores/as e profesionais especializados. Segundo informa o Concello, “a maioría de actividades contan cun abano amplo de horarios para que as persoas asistentes poidan organizar a xornada segundo o seu interese”. A organización tamén lembra que aínda fican prazas dispoñibles en diversas actividades, sendo necesario inscribirse a través da web axencialocaldecolocacion.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?