Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CIONET premia a estratexia tecnolóxica da Xunta de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CIONET premia a estratexia tecnolóxica da Xunta de Galicia

Redacción
Publicado: 15/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_directivos_tic_1.jpgA directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, recolleu hoxe o Premio Liderazgo Dixital 2016 na categoría de Sector Público, que outorga a comunidade de directivos de TIC CIONET, entidade que con este galardón recoñece o labor desenvolvido pola Administración autonómica galega, a través da súa Axenda Dixital de Galicia, para impulsar a transformación dixital da Comunidade e a súa aposta por un modelo de xestión centralizada das TIC coa creación da AMTEGA.
A entidade, con presenza en 14 países e a maior asociación de CIO a nivel europeo con máis de 5.000 directivos tecnolóxicos de empresas e do sector público, valorou positivamente posta en marcha da AMTEGA como unha entidade única para a xestión da política tecnolóxica autonómica así como a consolidación dos CPD existentes no Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta. Ambas iniciativas son os dous piares nos que se sustenta a estratexia dixital da Xunta de Galicia.
premios_directivos_tic_4.jpgA directora da Axencia destacou que Galicia fixo unha firme aposta pola tecnoloxía no ano 2009 e que desde ese ano e ata 2020 a Comunidade terá investido preto de 3.000 millóns de euros, entre capital público e privado, en iniciativas tecnolóxicas.
Tras cumprir cos principais obxectivos propostos na primeira Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, o Goberno galego aprobou en 2015 a Axenda Dixital 2020 para os vindeiros cinco anos. Esta estratexia xa ten en marcha 14 plans para avanzar na dixitalización dos servizos públicos e do tecido empresarial, na capacitación dixital da sociedade e na extensión de redes ultrarrápidas a todo o territorio galego.
Durante a entrega do premio, Mar Pereira destacou que os logros da Axenda Dixital galega son o resultado dun traballo conxunto, que contou coa implicación de todos os departamentos autonómicos e dos profesionais de cada área.
A directora da AMTEGA incidiu en que a transformación dixital da Educación, da Xustiza ou da propia Administración Pública e de calquera outra área, ben sexa no ámbito público ou privado, vai moito máis alá de comprar equipamento ou mellorar infraestruturas tecnolóxicas, son procesos de cambio e organización que se consolidan no medio longo prazo e que necesitan un percorrido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?