Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado de Doc-TIC amosa potencial innovador na Universidade de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado de Doc-TIC amosa potencial innovador na Universidade de Vigo

Redacción
Publicado: 15/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_alumnado_doc-tic.jpgOs estudantes (un total de 60) do programa de doutoramento Doc_TIC, impulsado pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e o Centro de Investigación AtlantTIC, participaron este luns nunha xornada de seguimento que serviu, entre outras cousas, para que deran a coñecer os seus proxectos de investigación e, tamén, o seu plan de traballo para o vindeiro curso (no que rematarán os seus estudos de posgrao). Segundo fixeron saber os responsables do centro AtlantTIC, a xornada levouse a cabo con dous grandes obxectivos: primeiro, que o alumnado expuxera os traballos desenvolvidos ata o e agora e máis a súa folla de ruta, e segundo, que o profesorado tivera a oportunidade de valorar a formación dos estudantes con vistas a elaborar o traballo docente do próximo curso.
Por temáticas, as iniciativas amosadas foron do máis variado, malia ter como nexo común as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (as TIC): cubrise todo espectro de coñecemento das telecomunicacións. Así, por exemplo, houbo investigacións sobre o deseño e fabricación de novas antenas e amplificadores de potencia, e tamén sobre ferramentas para recomendar contidos audiovisuais segundo os gustos de cada quen, entre outros moitos achados tecnolóxicos. Os tribunais, de feito, salientaron “o elevado nivel dos proxectos exhibidos, tanto dende o punto de vista da investigación, como da presentación formal dos mesmos”.

O programa da xornada completouse coa conferencia do investigador Bipin Indurkhya, profesor na AGH University of Science and Technology de Polonia, titulada Experimentos mentais, modelos e o poder heurístico de metáforas na ciencia. Na súa intervención centrouse na relación entre a realidade e os modelos científicos, a través do papel dos experimentos mentais e metáforas na mesma. Segundo lembra a Universidade de Vigo, arestora Indurkhya está investigando sobre metáforas visuais, creatividade computacional, computación afectiva multimodal, aplicación da ciencia cognitiva para deseñar interfaces intuitivas e o desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas para axudar á cognición e á comunicación para nenos autistas e disléxicos.
Polo que respecta a DocTIC, constitúe o máis recente paso dos programas de doutoramento anteriores en Teoría do Sinal e Comunicacións (TSC) e Enxeñaría Telemática (IT) e ten como obxectivo “formar os mellores profesionais e investigadores no eido das TIC e xerar investigación de calidade e impacto internacional, así como proporcionar á industria profesionais con coñecementos avanzados que permitan ás empresas mellorar a súa competitividade a escala global”. Dos 60 alumnos matriculados neste programa de doutoramento, un 15% proveñen de distintas rexións do mundo como Latinoamérica, Portugal, Balcáns, o Magreb ou Turquía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?