Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Feira de Innovación para o Emprego abre portas con 142 ofertas laborais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Feira de Innovación para o Emprego abre portas con 142 ofertas laborais

Redacción
Publicado: 16/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

feira_innovacion_emprego_santiago_apertura.jpgEstes días estase a celebrar en Santiago, no Palacio de Congresos, a Feira de Innovación para o Emprego, edición 2016. Trátase dun escenario referencial para o encontro (e a comunicación) entre empresas e estudantes, entre contratadores e demandantes de emprego, entre quen ten un proxecto tecnolóxico en mente e quen ten os recursos para convertelo en realidade. A FIE, que vén da man da Concellería de Desenvolvemento Económico (co obxectivo de “dotar de ferramentas e recursos 2.0 ás persoas participantes”) está a xestionar arestora arredor de 150 ofertas. O encontro (que comezou onte e se estende ata hoxe) foi inaugurado polo alcalde Martiño Noriega e máis concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.
A concelleira aproveitou a súa estadía na FIE para presentar os premios INDEA, que se convocan dende o Goberno local co obxectivo de “potenciar ideas colaborativas para o emprego que proveñan do diálogo entre a cidadanía, os axentes económicos e sociais, e a comunidade educativa, en especial da Universidade e a formación profesional”. Trátase, máis polo miúdo, dun certame concibido como un reto: un convite para os profesionais de Santiago e contorna (axentes territoriais, actores da USC e centros de FP, etc) poidan crear os escenarios axeitados para que haxa máis e mellor colaboración e solidariedade arredor da xeración de emprego.
feira_innovacion_emprego.jpgComo dixemos, a FIE xestiona 142 ofertas de emprego procedentes de 82 empresas ofertantes. Segundo fixeron saber o alcalde e a concelleira, estas cifras confirman o potencial da feira “como punto de encontro entre as compañías ofertantes e os profesionais que buscan un posto de traballo”, e tamén consolidan a capacidade do foro para formaren a uns e outros nas redes sociais e nas novas ferramentas de busca e achega de emprego. A FIE rexistrou máis de 3.300 inscricións nas ofertas e máis de 900 currículos enviados.
Durante os dous días de celebración do foro hai máis de 700 inscritos nas actividades formativas e máis de 1.000 nos cursos previos levados a cabo, relacionados coas novas tecnoloxías e a marca dixital na busca de emprego, vía e-learning e webinar.
No marco do foro estase a formar aos participantes en cousas como o uso dos portais de emprego de maneira eficaz (Infojobs ou Infoempleo) ou en plataformas como Womenalia, a primeira rede mundial de mulleres profesionais, ou BeBee, nova e exitosa rede social de networking.
As persoas participantes poden concorrer ademais en obradoiros prácticos sobre as redes sociais Pinterest, Google +, Instagram, Linkedin, Twitter ou Facebook.
Tamén haberá obradoiros de emprego de diversas plataformas como re.vu ou visualize.me para facer un CV infográfico e atopar traballo grazas á creación dunha marca persoal “dunha forma entretida e atractiva”, sinalaron os organizadores da FIE, que engadiron que esta feira está a servir, igualmente, para levar acabo actividades de introdución ás posibilidades laborais de Vime ou YouTube, ou para formar aos demandantes na creación de vídeo currículos.
Marta Lois salientou que “o foro é un espazo de aprendizaxe e de coñecemento e recoñecemento de distintos soportes, portais e ferramentas para que as persoas demandantes de emprego poidan atoparse coas ofertas que máis se axustan ao seu perfil”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?