Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Recoñecemento estatal para a aposta TIC de Lugo en materia de sustentabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Recoñecemento estatal para a aposta TIC de Lugo en materia de sustentabilidade

Redacción
Publicado: 16/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugo_premio_vasoira.jpgO Concello de Lugo vén de ser obxecto dunha distinción ao seu traballo en sustentabilidade e en tecnoloxías ao servizo desa sustentabilidade. O recoñecemento (premio Escoba de Ouro 2016) foi concedido pola Asociación Técnica para a Xestión de Refugallos, Aseo Urbano e Medio Ambiente (ATEGRUS), colectivo formado por profesionais do sector que salienta e visualiza, con este tipo de galardóns, as políticas positivas en materia de xestión de residuos e avances tecnolóxicos dirixidos a este ámbito. Segundo a alcaldesa, Lara Méndez, o galardón “supón un recoñecemento ao bo facer do Concello, dos 120 traballadores do servizo e da implicación dos 98.134 lucenses”. Tamén, nun plano TIC, salienta o potencial das tecnoloxías smart de Liña Verde.
A rexedora deu a coñecer a distinción acompañada do concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, que recollerá hoxe o premio en Madrid, no marco da Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente.
Segundo explicou a alcaldesa, o recoñecemento débese á aposta clara do Goberno local “por manter e recuperar espazos públicos e mantelos en boas condicións”, por favorecer a concienciación cidadá e pola aplicación das novas tecnoloxías, por exemplo a posta en marcha da aplicación de balde para dispositivos móbiles, a ferramenta Liña Verde, dirixida a fomentar as boas prácticas arredor da xestión colectiva de residuos e lixo.
Como lembraremos, a app Liña Verde permite que calquera cidadán poida facer consultas, notificar incidencias ou acceder a todos os datos relativos ao medio ambiente de Lugo e a súa contorna. Dende o seu lanzamento, en 2013, Liña Verde abrangueu unha manchea de incidencias comunicadas (o 90% das cales, lembrou a alcaldesa, foron solucionadas polo Concello). Segundo engadiu a rexedora, trátase dun recurso tecnolóxico “eficaz e de gran utilidade” para, por exemplo, fornecer avisos sobre mantemento de parques e xardíns, de recollida de lixo, de limpeza e de acondicionamento de sumidoiros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?