Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Recoñecida pola súa contribución europea a estratexia Open Future de Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Recoñecida pola súa contribución europea a estratexia Open Future de Telefónica

Redacción
Publicado: 16/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gof_segunda_edicion_iniciativas.jpgTelefónica vén de obter un importante recoñecemento polo seu xeito de traballar coas novas firmas innovadoras, as chamadas start-ups, unha metodoloxía de traballo que engloba e abrangue, por proximidade, o labor despregado pola operadora no seu centro de crowdworking con emprendedores TIC en Galicia Open Future. A distinción foille concedida pola fundación Nesta e veu con feitura de investigación. Neste estudo, realizado para a iniciativa europea Startup Europe Partnership, elixiuse a Telefónica como unha das 25 grandes compañías europeas que máis están a axudar ás startups. Tratase da única firma estatal do ámbito das telecomunicacións que figura na listaxe. Na raizame do recoñecemento está Telefónica Open Future, o programa de innovación aberta e emprendemento no que se insire Galicia Open Future. A operadora española situouse no dito ranking no cuarto posto, por detrás de Cisco, Rabobank e Unilever.
Presentado durante o Startup Europe Summit celebrado en Berlín, o estudo quere recoñecer a contribución que as grandes compañías europeas están a realizar para crear un ecosistema de emprendemento que estea en disposición de competir con calquera ecosistema de semellantes características, sobre todo co norteamericano.
As firmas premiadas foron seleccionadas entre máis de 70 candidatas, tendo en conta os seguintes criterios: o volume e calidade das actividades que desenvolven para fomentar as novas iniciativas de mercado e os eventos ou competicións que organizan e os recursos que ofrecen aos emprendedores (asesoramento, adestramento, programas de aceleración, investimento).
Logo de Telefónica, atopamos nos vinte primeiros postos as seguintes compañías: Virgin, Orange, Telecom Itlaia, BBVA, KPN, EDP, KPMG, RBS, WPP, Eneco, MSD, Microsoft, Sky, KLM, Accenture e SAP SE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?