Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Garda Civil desmantela unha rede que realizaba contratos fraudulentos de telefonía móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Garda Civil desmantela unha rede que realizaba contratos fraudulentos de telefonía móbil

Redacción
Publicado: 17/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

2016-06-17_op_krake_01.jpgA Garda Civil, no marco da operación Krake, detivo aos 17 integrantes dunha rede dedicada a cometer estafas a través de contratos fraudulentos de telefonía móbil, Imputándolles os delitos de asociación ilícita, estafa, falsidade documental, usurpación de estado civil e branqueo de cartos. Estímase que poderían ter estafado a milleiros de persoas nas provincias de Xaén, Almería e Huelva.
Os axentes practicaron 6 rexistros nos que interviñeron 224 teléfonos móbiles valorados en aproximadamente 70.000 euros, 890 tarxetas de telefonía, seis ordenadores, dous discos duros, 6.000 euros en metálico.
A operación iniciouse tras recibir varias denuncias de cidadáns que manifestaban estar a ser vítimas dunha posible fraude en contratos de telefonía móbil.
2016-06-17_op_krake_02.jpgOs axentes, tras levar a cabo diferentes indagacións, localizaron a un grupo que estaba dirixido por unha persoa residente na localidade de Rus (Xaén) onde rexentaba un establecemento comercial de venda de móbiles e que se dedicaba a xestionar altas de telefonía fraudulentas así como a vender terminais que obtiña de forma ilícita.
Os membros da rede captaban a comerciais que traballaban en diversas localidades para que buscasen clientes aos que atraían ofertándolles un desconto nas tarifas e a posibilidade de obter teléfonos a bo prezo. Para tramitar o suposto contrato, o interesado tiña que facilitar ao comercial os seus datos persoais, facturas e números de conta.
Unha vez que obtiñan os datos persoais dos clientes, membros da rede que traballaban en distribuidoras de telefonía xeraban simulacros de portabilidade polas que obtiñan vantaxes económicas e novos terminais que ocultaban aos clientes e que posteriormente vendían no establecemento comercial da localidade de Rus por medio de dúas páxinas web e anuncios na Internet.
2016-06-17_op_krake_04.jpgEn moitos casos os clientes descoñecéndoo estaban a pagar os teléfonos móbiles conseguidos, xa que non recibían factura física e o importe que abonaban mensualmente correspondía co que estipularan coa organización.
Noutras ocasións, cando pasara un tempo prudencial dende a primeira xestión dun cliente, xeraban novos simulacros, sen que a vítima tivese coñecemento de que se estaban obtendo terminais ao seu nome.
Na maioría dos casos as vítimas descoñecían que os terminais obtidos a través dunha empresa de telefonía como acción comercial ligada á continuidade coa mesma ou como premio á súa fidelidade están subvencionados pola mesma. Por iso e ante o feito de que obtiveran o alta de forma ilícita, cando tiñan que facer uso da garantía ou acudían ao distribuidor oficial coa finalidade de efectuar xestións con respecto á liña contratada rexeitábanllo e empezaban a ter problemas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?