Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Proxecto Estrímnides colle pulo no Museo do Mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Proxecto Estrímnides colle pulo no Museo do Mar

Redacción
Publicado: 17/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_estrimnides_museo_do_mar.jpgFinalmente presentouse este 16 de xuño no auditorio do Museo do Mar de Galicia o Proxecto Estrímnides, tal e como avanzamos os días pasados dende Código Cero. Como lembraremos, trátase dunha iniciativa para investigar, a través das novas tecnoloxías, a pegada da cultura fenicia nas comunidades do Noroeste peninsular (máis en detalle as relacións comerciais dos galego-portugueses cos pobos do Mediterráneo). Na presentación do proxecto, en realidade unha xornada de traballo que culmina unha semana de actividades cos axentes implicados, achegóuselle á comunidade arqueolóxica galega unha manchea de detalles sobre Estrímnides: por exemplo a súa “vontade” de rastrexar as ligazóns entre Galicia e o Mediterráneo na antigüidade.
En Estrímnides, financiado polo Ministerio de Economía, participan investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Sevilla e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Uns e outros amosaron no Museo do Mar o estado actual de coñecemento dos materiais de orixe mediterráneo atopados en Galicia ao longo do primeiro milenio antes de Cristo.
O programa da xornada incluíu catro relatorios e unha mesa redonda de clausura. Eduardo Ferrer Albelda, Josefa Rey Castiñeira, Javier Rodríguez Corral e Juan Naveiro López impartiron a conferencia inaugural A ruta das Estrimnídes. Presentación e obxectivos dun proxecto de investigación. Continuou Francisco José García Fernández cunha disertación sobre o comercio atlántico, os principais produtos e redes de distribución no caso do val do Guadalquivir. Logo foi a quenda de Antonio Sáez Romero, que abordou as conexións comerciais, especialmente no eido cerámico, entre a baía de Cádiz e o noroeste de Iberia na II Idade de Ferro.
Tamén interveu Emilio Abad, do CESGA, dando conta das vantaxes e funcionalidades da ferramenta IDEPatri como recurso de traballo para o proxecto Estrímnides. Como lembraremos, IDEPatri ten como finalidade principal o acceso a datos de temática arqueolóxica, sobre todo da cultura castrexa. É o resultado da estreita colaboración entre o CESGA e o GEPN (Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste ibérico), xunto con outros investigadores e institucións, que permitiu o deseño dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) para o intercambio de información a través de Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?