Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A quinta Agora Empresarial Ferrolterra xira este martes arredor da transformación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

A quinta Agora Empresarial Ferrolterra xira este martes arredor da transformación dixital

Redacción
Publicado: 20/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballando_tableta.jpgA Asociación de Empresarios de Ferrolterra vai organizar este martes a quinta edición da xuntanza Ágora Empresarial, desenvolvida desta volta baixo o epígrafe Ferrolterra Innova. O obxectivo do evento é “orientar no proceso de transformación dixital das empresas salientando o liderado do empresario para acadar máis competitividade e internacionalización”. Contarase coa presenza de Eduardo García Erquiaga, experto en dirección estratéxica e competitividade empresarial. Tamén intervirá Manuel Alonso Coto, profesional con ampla experiencia profesional e académica en xestión tecnolóxica da mercadotecnia e dixitalización da empresa. Haberá, tamén, representantes do IGAPE, da Universidade, da Autoridade Portuaria e da Administración Local.
A cita desenvolverase en horario de 9.30 a 14.15 horas no Sercotel Odeón. Trátase da quinta edición da Ágora Empresarial Ferrolterra, un foro de reflexión e debate para afondar na importancia da innovación como estratexia de competitividade. O obxectivo desta nova edición, máis en concreto, “é orientar ao tecido empresarial de Ferrolterra no proceso de transformación dixital da empresa, desde a mercadotecnia ata a xestión de persoas, cuxo éxito depende en boa medida do liderado dos equipos directivos e das sinerxias co resto dos actores implicados no desenvolvemento socio económico do territorio”.
A primeiro relatorio será ás 10.00 horas e correrá a cargo de Eduardo García Erquiaga, baixo o título Liderado e competitividade. E agora que? Dirixir empresas trala gran crise: o papel do piloto”.
Tras unha pausa para café, ás 11.30 horas darase paso ás mesas redondas nas que participarán representantes do IGAPE, da Universidade, da Autoridade Portuaria e da Administración Local. Terán como título Competitividade da empresa de Ferrolterra. “Neste foro”, informan os organizadores, “os participantes aportarán en primeira persoa a súa visión sobre a realidade empresarial e as perspectivas para o colectivo de empresas da comarca”.
Por último, ás 13.00 horas terá lugar a conferencia Innovar para competir: Folla de ruta para innovar dixitalizando a túa empresa, a cargo de Manuel Alonso Coto.
As persoas interesadas poden asistir á primeira parte das xornadas, á segunda, ou á xornada completa e poden inscribirse na Asociación de Empresarios Ferrolterra, chamando ao teléfono 981 333 305 ou no correo info@empresarios-ferrolterra.org.
As sucesivas edicións de Ágora Empresarial Ferrolterra pretenden ser “unha ferramenta para que os líderes empresariais e institucionais da comarca repensen os modos de xestionar e liderar”, sinala a AEF, impulsora destas xuntanzas sobre innovación e xestión, que lembra como o formato do evento “foi evolucionando ao longo do tempo”, polo que ás intervencións dos relatores engadiuse agora “a busca de elementos que permitan a posta en común da visión dos participantes sobre a realidade empresarial de Ferrolterra”. O evento conta coa colaboración do IGAPE, Galicia Bussiness School e o Concello de Narón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Telefonía

WhatsApp facilitará a contratación de tarxetas eSIM de viaxe

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?