Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web Paraestudarlugo.com recibe 5.000 visitas nunha semana de actividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web Paraestudarlugo.com recibe 5.000 visitas nunha semana de actividade

Redacción
Publicado: 20/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_web_paraestudarlugo.jpgA Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago (Campus de Lugo) seguen adiante coa súa iniciativa conxunta para atraer estudantes á Cidade da Muralla. Con este fin, puxeron en marcha a terceira edición da súa campaña conxunta de promoción e reclamo que inclúe, entre outras cousas, descontos nas matrículas de ata o 50%. A campaña Para estudar, Lugo ten páxina web de seu. O sitio en liña, segundo informa a Deputación, está a ter “bos resultados”. Proba disto é que en só unha semana foi quen de recibir 5.000 visitas de todo o ámbito estatal e do estranxeiro.
Así o fixo saber este venres a voceira provincial socialista, Pilar García Porto, que adiantou que os 120.000 euros que achega a Deputación para asumir a metade dos custos da matrícula, permitirán beneficiar a máis de 400 alumnos. Segundo engadiu, das devanditas 5.000 visitas, máis do 10% proveñen de países como Rusia, Estados Unidos, Alemaña ou Portugal, “o que demostra que a campaña está a promocionar e fomentar o Campus de Lugo máis alá das nosas fronteiras”. O 90% restante de visitan son de España: máis do 14% son de Madrid e outro 10% de cidades como Barcelona, Valladolid, Xixón, León, Santiago de Compostela ou A Coruña.
Nas redes sociais, García Porto explicou que a campaña está a ter como principal foco de comunicación os perfís oficiais do Campus Terra e da Deputación de Lugo. As publicacións no Facebook da Deputación de Lugo tiveron un alcance de máis de 30.000 persoas e foron compartidas por máis de 100 usuarios (cifras ás que cómpre engadir as acadadas polas páxinas ligadas á USC). En Twitter, a campaña (que se está lanzar ao abeiro da etiqueta #paraestudarlugo e con diferentes accións e imaxes) obtivo arredor de 120 chíos con dito cancelo ou relacionados co programa de bolsas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?