Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores de Europa, América e Asia amosan na UVigo os últimos avances en seguridade multimedia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores de Europa, América e Asia amosan na UVigo os últimos avances en seguridade multimedia

Redacción
Publicado: 21/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_acm_informacion_congreso.jpgEstes días, concretamente ata mañá, estase a celebrar en Vigo o que con toda probabilidade sexa un dos eventos máis importantes a nivel internacional sobre a cuestión da seguridade multimedia e das cousas que se poden achegar para facela máis efectiva, eficaz e universal. Falamos da cuarta edición do congreso ACM Information Hiding and Multimedia Security, segundo a Universidade de Vigo (organizadora da xuntanza) a cita máis referencial do mundo en materia de protección de datos ao abeiro das contornas multimedia. Nela estase a dar cita, co obxecto de amosar os últimos avances neste eido, medio cento de investigadores de Europa, América e Asia. Máis polo miúdo, comparten información e recursos sobre identificación multimedia, biometría, videovixilancia, forensía multimedia, seguridade de redes, marcas de auga, privacidade, comunicacións resistentes a interceptación e canles de comunicación protexidas ou ocultas. No simposio están a participar, pola nosa terra, o Centro Tecnolóxico Gradiant e AtlantTIC.
A organización deste simposio internacional corresponde ao Grupo de Procesado de Sinal e Comunicacións (GPSC), dirixido polo IEEE Fellow Fernando Pérez González. Segundo lembra a UVigo, o GPSC xa conta con experiencia na organización deste tipo de evento, e xa que en 2012 coordinou o IEEE Workshop on Information Forensics and Security, unha das dúas conferencias de referencia (xunto coa que constitúe o fío temático desta nova) nas devanditas cuestións TIC.
uvigo_acm_workshop.jpgSegundo engade a organización do simposio, nos días previos recibíronse 61 traballos de investigadores e investigadoras dos cinco continentes, e, finalmente seleccionáronse 21 artigos para seren presentados durante as sesións técnicas. En total, mais de 50 investigadores de España, Francia, Alemaña, Austria, Italia, Reino Unido, Estados Unidos, Canadá, China, Corea do Sur ou Xapón tomarán parte neste evento, no que contarán con representación as universidades de Oxford, Lille, New Jersey, Innsbruck, Trento, Macao, Tsukuba, Ottawa e Salzburgo, entre outras, xunto con centros de investigación (CNRS, Inria, Fraunhoffer, AtlantTIC e o Centro Tecnolóxico Gradiant) e empresas do sector (Atos, Amped Software ou Morpho).
Durante o congreso, dous prestixiosos expertos internacionais achegarán aos asistentes tanto un punto de vista académico como unha visión dende o mundo empresarial. Por unha banda, Battista Biggio, investigador da Universidad de Cagliary e co-fundador da empresa Pluribus One, experto en aprendizaxe de máquinas e seguridade computacional, que presentará un relatorio titulado Machine Learning under Attack: Vulnerability Exploitation and Security Measures. Por súa banda, Martino Jerian, CEO e fundador de Amped Software, experto en forensía multimedia, exporá os seus coñecementos nunha sesión titulada Bringing Multimedia Security from the Research Lab to the Forensic Lab.

O investigador galego Fernando Pérez, director do grupo GPSC, nunha das intervencións do simposio internacional
O investigador galego Fernando Pérez, director do grupo GPSC, nunha das intervencións do simposio internacional
Co obxectivo de recompensar o labor de investigación dos novos investigadores, con maior potencial e proxección na área de Information Hiding and Multimedia Security, IH&MMSec 2016 entregará dous premios aos mellores traballos de investigación de estudantes. Os galardóns, que se coñecerán este martes, constan dun diploma acreditativo e 500 euros en metálico. Ademais, este ano “terá lugar por primeira vez unha sesión de ‘traballo en curso’, que se presentan artigos aínda non publicados”, explica o investigador Pérez González, que considera esta iniciativa “moi positiva” porque favorecerá a creación de alianzas e a posibilidade de recibir realimentación dos participantes sobre investigacións que aínda non viron a luz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?