Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Dicionario de pronuncia da Lingua Galega renóvase engadindo e corrixindo termos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Dicionario de pronuncia da Lingua Galega renóvase engadindo e corrixindo termos

Redacción
Publicado: 21/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dicionario_pronuncia-2.jpgEstes días soubemos da actualización e mellora do Dicionario de pronuncia da Lingua Galega, un proxecto vivo como a nosa lingua. Os recursos do Dicionario de pronuncia da Lingua Galega, froito da colaboración da AMTEGA e mais o Instituto da Lingua Galega, eran publicados o pasado ano no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia. Indo á actualización deste Dicionario de pronuncia, cómpre informar que vén de achegar 30 novos termos, polo que en total inclúe xa 66.742 ficheiros de son correspondentes a outros tantos modelos de pronuncia.
Con esta actualización, que está dispoñible xa para a súa descarga, aproveitouse para corrixir algún dos sons anteriores como: “ibero/a”, “celtibero/a”, “adenoide”, “interoperabilidade” e “San Xiao de Mos”. En canto aos engadidos: “acorchetar”, “agregador de novidades”,”arlequinado/a”, “bolboretista”, “endometriose”, “homofobia”,”mestrado”,”solleira” etc. Pódese consultar a listaxe completa dos novos termos e os corrixidos na ligazón específica da forxa de Mancomún.
Estes cambios e melloras acaban de actualizarse no proxecto no Repositorio de Software Libre de Galicia. Os novos ficheiros liberados están, igual que os anteriores, en formato aberto ogg e dispoñibles baixo licenza libre Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional. Xunto cos mesmos está dispoñible tamén unha nova versión da base de datos completa, que recolle tanto os anteriores termos como os novos que se engaden.
Para máis información sobre como facer a actualización pódense consultar as instrucións que acompaña á actualización no ficheiro README na raizame do ficheiro .zip coa actualización.
Trátase dun proxecto de colaboración entre o Instituto da Lingua Galega da USC e a Secretaría Xeral de Política Lingüística que está dispoñible para a súa consulta na rede, onde calquera falante que dubide sobre a pronuncia dunha palabra galega pode escribila e pode ver a transcrición fonética e escoitar a pronunciación de dita palabra. Ademais está tamén integrado no dicionario da Real Academia Galega, no que é posible consultar a pronuncia de calquera das palabras nel recollidas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?