Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViaGalicia 2016 amplía o número de finalistas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ViaGalicia 2016 amplía o número de finalistas

Redacción
Publicado: 22/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

viagalicia_lugo_presentacion_cel.jpgOs impulsores da aceleradora ViaGalicia veñen de presentar en Lugo as novidades da súa edición 2016, novidades entre as que se conta, por exemplo, o incremento do número de propostas que poderán chegar á fase final: de 15 a 19. Isto será posible pola incorporación de catro ideas de negocio pertencentes ao sector aeroespacial. Participaron na cita arredor dunha vintena de emprendedores do norte da nosa terra, interesados en tirar proveito deste programa de aceleración de empresas promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia e que, por segundo ano consecutivo, abre sede na Cidade da Muralla da man da Fundación CEL Iniciativas por Lugo, co obxectivo de incorporar proxectos das dúas provincias da franxa norte.
Esta primeira cita tivo lugar na Ferraxaría Eventos & Co. Desenvolveuse con feitura de xornada técnica e nela explicáronse os detalles da nova convocatoria, facendo fincapé nas “marcas diferenciais”. Participou Teté Vilar, responsable de Emprendemento do Consorcio, Carlos Alberto Vaamonde, técnico da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Rodolfo Ojea, coordinador da Fundación CEL, e Manuel Soto, director executivo de Peryco, un dos proxectos lucenses que o pasado ano chegou á fase final de aceleración de ViaGalicia.
En total, ViaGalicia mobilizará nesta edición ata 2.375.000 euros de financiamento para emprendedores, entre préstamos participativos e achegas a fondo perdido.
Segundo se fixo saber na presentación, a iniciativa constitúe “unha excelente oportunidade” para emprendedores innovadores, xa que facilita a maduración de ideas, as fórmulas de traballo en rede e colaborativo (networking e coworking), o acceso a posibles investidores e, para os 19 proxectos que resulten finalistas, financiamento de ata 125.000 euros para o lanzamento (130.000 euros, no caso de proxectos da sede de Lugo que cheguen á fase de aceleración).
O prazo de inscrición de proxectos ficará aberto ata o vindeiro día 15 de xullo. Os emprendedores interesados en máis información ou aclarar dúbidas sobre a nova convocatoria de ViaGalicia poden poñerse en contacto coa Fundación CEL no número de teléfono 982 28 41 50. Pódense descargar as bases do programa nas webs da Fundación CEL e ViaGalicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?