Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Telefónica premia unha iniciativa dos estudantes de Brión: o proxecto Autómatas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Telefónica premia unha iniciativa dos estudantes de Brión: o proxecto Autómatas

Redacción
Publicado: 23/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

automatas_2o_premio_smart_industry.jpgA Fundación Telefónica vén de recoñecer a calidade e o importante compoñente innovador dunha iniciativa galega. Trátase de Autómatas, proxecto liderado por un grupo de estudantes de primeiro de Bacharelato de IES Brión, da Coruña. A proposta dos rapaces do concello coruñés foi premiada na categoría de Industria Intelixente na primeira edición do Concurso Interescolar Nacional de Robótica e Programación da Fundación Telefónica. Trátase dunha aplicación instalada nun robot con cámara intelixente que permite o seguimento, a detección e o recoñecemento facial de persoas.
A tecnoloxía é aplicable en vehículos aéreos non tripulados (drons) e outros aparellos móbiles innovadores. Ademais, ten capacidade para aprender e ir optimizando, desta maneira, a súa precisión e fiabilidade. O proxecto Autómatas (cuxo funcionamento podemos ver ao detalle nun vídeo de YouTube) foi seleccionado entre os 40 finalistas que optaban aos premios, nos que participaron 1.457 proxectos, 395 colexios e institutos, 1.862 profesores e 5.571 alumnos ao longo do curso.
O certame tamén distinguiu a capacidade de innovación doutros sete proxectos tecnolóxicos nas catro áreas en competición: Educación Dixital, eSaúde, Internet das Cousas e Industria Intelixente. As iniciativas recoñecidas proveñen do Colexio Calasancio Hispalense de Sevilla (un total de tres), do CEIP Gonzalo Fernández de Córdoba de Madrid (un proxecto), do IES Márques de Santillana de Cantabria (un proxecto), do Colexio Giovanni Antonio Farina de Guadalaxara (un proxecto) e outro do CCEE San Cristóbal de Castelló. Ademais, o Colexio Cardenal Xavierre (Zaragoza) foi elixido como Mellor Escola (por ser a que máis proxectos e de máis calidade presentou), e o centro Fomento Aldovea (Madrid) recibiu a mención especial “Mozos Innovadores”.
Os premios consisten nunha viaxe ao Laboratorio de Nanotecnoloxía da Universidade de Oxford, kits de robótica e programación e dotación tecnolóxica para uso educativo. O nome dos gañadores deuse a coñecer este mércores durante un evento celebrado no Espazo Fundación Telefónica de Madrid.
A Fundación Telefónica proponse, a través deste concurso, “descubrir o espírito emprendedor dos mozos e desenvolver as súas habilidades de liderado e traballo en equipo, así como a súa capacidade de aplicar o enfoque científico na resolución de problemas”. O certame forma parte dun dos focos estratéxicos de Fundación Telefónica en Educación: a promoción das vocacións científico tecnolóxicas coñecidas como STEM (Science, Technology, Engineering e Mathematics).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?