Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a pilotaxe da Historia Social Única Electrónica en catro concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a pilotaxe da Historia Social Única Electrónica en catro concellos

Redacción
Publicado: 23/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

160622_reunion_pilotaxe_hsue3.jpgO Goberno galego arrincou a pilotaxe da Historia Social Única Electrónica (HSUE) nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro. Entre outras vantaxes e recursos de valor postos en xogo, isto significa que a partir deste mes de xullo os traballadores sociais destes termos municipais van ter acceso ao expediente social dos usuarios en formato electrónico. Segundo sinala a axencia AMTEGA, será un período probas que posibilitará afrontar posibles optimizacións con vistas ao despregamento progresivo nos restantes concellos da nosa terra. Este espallamento do servizo comezará á volta do verán. Comezará a facelo con máis de 365.000 historias sociais dixitais.
Estes e outros datos foron achegados na reunión mantida onte pola directora de AMTEGA, Mar Pereira, os directores xerais de Maiores e de Inclusión Social e Familia da Consellería de Política Social e os concelleiros dos departamentos de servizos sociais dos catro concellos. Segundo se fixo saber na reunión, “o HSUE supón un avance cara a futura historia-sociosanitaria, que permitirá a completa rastrexabilidade da información do cidadán en ambos sistemas”.
Esta actuación enmárcase no Plan Trabe para a Modernización dos Servizos Sociais, no que a AMTEGA e a Consellería de Política Social veñen traballando nos últimos tres anos. Entre as vantaxes da HSUE figura a seguinte: integrará nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo, incluíndo a situación persoal, social e familiar; as súas demandas, prestacións, servizos e recursos, así como as valoracións, intervencións, seguimento e avaliación por parte do sistema de Servizos Sociais, ademais de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que interveñen nas mesmas.
O novo sistema, explica AMTEGA, permite automatizar a dispoñibilidade e o partillado de toda esta información e documentación asociada entre os departamentos que xestionan as distintas prestacións e servizos, “o que evita a duplicidade, reduce erros de xestión e mellora a calidade da información”, engade a axencia que dirixe Mar Pereira, salientando tamén a súa capacidade para fornecer “unha identificación unívoca dos cidadáns, ao empregar a numeración da tarxeta sanitaria e garantindo a seguridade no acceso á información a través do uso de certificado por parte dos profesionais”.
Para os cidadáns e usuarios, as vantaxes terán que ver cunha atención máis personalizada, “xa que o profesional terá acceso de xeito inmediato a información máis relevante do seu historial, tanto de servizos como de prestacións ou recursos asignados”, informouse na xuntanza de traballo. Tamén se fixo fincapé nun tipo de comunicación “máis proactivo” en virtude dun sistema de alertas e subscricións que advirte ao profesional de calquera cambio no historial da persoa para que poida actuar de contado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?