Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google e a Cámara de Santiago impulsarán a carreira en liña das nosas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google e a Cámara de Santiago impulsarán a carreira en liña das nosas empresas

Redacción
Publicado: 23/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

google_activate.jpgAs empresas de Santiago e contorna teñen ao seu dispor novos recursos para impulsar a súa actividade, co engadido extra de provir estes recursos dunha compañía referente de Internet como é Google. Así nolo conta a Cámara de Comercio compostelá, que está a colaborar con Google para achegar ás firmas santiaguesas a plataforma Activa o teu Negocio. O obxectivo tanto da Cámara como do xigante buscador, é optimizar a presenza de participación en liña de pequenas e medianas empresas (PEME) a través da formación en competencias dixitais.
Activa o teu Negocio fornece formación gratuíta online e presencial en mercadotecnia dixital, amais de incluír casos prácticos e experiencias empresariais reais. Segundo informa a Cámara, o plan de aprendizaxe é práctico e, “tras un sinxelo diagnóstico”, adecúase ás necesidades específicas de cada empresa.
Para quen queira afondar nas vantaxes desta achega de ensino e tirarlle o máximo partido, dicirlle que o vindeiro día 30 de xuño a sede da Cámara (Rúa de San Pedro de Mezonzo, 44) acollerá un obradoiro presencial de 5 horas no que os asistentes poderán familiarizarse con todos os pasos a seguir para definiren e poñeren en marcha a estratexia dixital da súa empresa. A maiores disto, os participantes poderán acceder á formación en liña que abrangue 23 módulos con contidos creados por especialistas sobre presenza dixital, comercio electrónico, redes sociais ou buscadores, froito da colaboración de máis de 100 expertos en tecnoloxía e competencias dixitais de Europa e avalada por IAB Europe e IAB Spain.
Activa o teu Negocio completa a oferta de formación de Actívate, a iniciativa que Google lanzou hai dous anos para formar en competencias dixitais e emprendemento a mozos desempregados. Até o 31 de maio deste ano, os datos de participación en España ascenden a máis 118.000 mozos formados e supera os 476.000 rexistros nos distintos cursos presenciais e en liña que ofrece de balde o buscador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?