Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant pon o Big Data ao alcance dos cidadáns para esculcaren con lupa os candidatos ás xerais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant pon o Big Data ao alcance dos cidadáns para esculcaren con lupa os candidatos ás xerais

Redacción
Publicado: 23/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gradiant_glik_eleccions.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant desenvolveu unha ferramenta que nos permite tirar o máximo partido do Big Data (empregando información masiva do xeito máis doado) co obxectivo de seguir en tempo real a campaña das eleccións xerais do 26 de xullo, os partidos e os seus candidatos. A idea, sinalan fontes do centro tecnolóxico, é por o coñecemento inxente e as súas posibilidades ao alcance de todo o mundo. E facelo a través de alto tan próximo e común estes días como é darmos conta do desenvolvemento dos comicios. Para axudar neste punto, os diarios da Editorial Prensa Ibérica (como as cabeceiras de Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña en Galicia, La Nueva España en Asturias, ou o Diario Levante en Valencia), entre outras cabeceiras de todo o ámbito estatal, decidiron utilizar a ferramenta para a súa cobertura diaria das eleccións.
A tecnoloxía de Gradiant, nun plano máis concreto, permítenos valorar de xeito paralelo as reaccións dos cidadáns en Twitter e as enquisas de intención de voto ou de clima electoral no mundo real. Desta maneira, malia que a ferramenta non é aínda de utilidade para a pescuda da intención de voto de maneira “estatisticamente confiable”, si que resulta unha ferramenta válida para saber que candidatos ou partidos provocan máis reaccións na segunda rede social máis empregada polos cidadáns españois, explica Gradiant, que salienta cousas como os interesantes resultados que achegan as comparacións das enquisas de popularidade de valoración dos candidatos co número de mencións e historias xeradas por eles en Twitter (os seus puntos de coincidencia e onde se afastan).
gradiant_glik_partidos_politicos.jpgSegundo engaden os investigadores do centro tecnolóxico, grazas ás tecnoloxías de procesado da linguaxe natural Glik desenvolvidas en Gradiant, só se precisan dous minutos ao día para absorber o equivalente a 75 titulares (14 portadas de xornal), xerados a partir de máis de 950.000 artigos publicados en Twitter cada día, e procesados diariamente, sobre os catro candidatos principais á presidencia, e sobre os partidos que se presentan aos comicios xerais (61 formacións diferentes, en toda España).
Acerca do seu funcionamento, Glik é quen de ler por nós centos de milleiros de artigos e céntrase nos máis populares, xuntando todos aqueles que traten do mesmo nun conxunto ao que se vén chamando “historia”. Estas “historias” son grupos de artigos escritos por distintas persoas sobre un mesmo asunto e o seu principal beneficio, explica o centro tecnolóxico galego, é que “nos ceiba de ter que lermos milleiros de artigos semellantes que non achegan nova información”. Por ese motivo, ler as 75 historias que aparecen neste monitor electoral ten o mesmo valor informativo que se leramos máis de 100.000 chíos do Twitter, “pero co esforzo de lectura de tan só unha fracción destes”, salienta Gradiant, que tamén destaca o feito de que os algoritmos de Glik traballen en tempo real, “polo que podemos actualizar toda esta información de continuo”. Dito doutra maneira: sempre estaremos ao fío da actualidade con esta funcionalidade de Glik (a de facer seguimento da conversa social, unha entidade viva por natureza).
Por certo que forma na que Glik escolle as historias máis relevantes é absolutamente imparcial, non hai intervención humana máis aló de marcar o contexto sobre o que se quere traballar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?