Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto de marketing turístico Pilgrim viaxará a Silico Valley grazas ao programa YUZZ
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto de marketing turístico Pilgrim viaxará a Silico Valley grazas ao programa YUZZ

Redacción
Publicado: 23/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

yuzz_udc_ganhador_pilgrim_detalel.jpgA startup tecnolóxica orientada á xestión e ao marketing turístico Pilgrim impulsada por Roberto Fraga Martínez e Lara Castelo Otero foi elixida como a mellor idea do centro YUZZ Universidade da Coruña e obtivo unha praza para viaxar a Silicon Valley xunto aos outros 48 participantes máis brillantes da actual edición de YUZZ, visitando empresas como Google, LinkedIn ou Facebook e asistindo a conferencias en prestixiosas universidades como Berkeley ou Standford. Os 49 gañadores visitarán tamén o Spain Tech Center (STC) -impulsado por Banco Santander, ICEX e Red.es-, cuxa meta é facilitar a implantación de PEME de base tecnolóxica española nun dos contornos máis dinámicos e competitivos do mundo, acelerando o seu proceso de internacionalización.
O xurado seleccionou o proxecto de Roberto Fraga Martínez e Lara Castelo Otero como o mellor do centro YUZZ Universidade da Coruña, espazo en que desde hai cinco meses 13 estudantes traballan no desenvolvemento das súas ideas empresariais co apoio da Universidade da Coruña, que tivo como coordinador local a José Sanjurjo, adxunto de Participación na Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria.
Pilgrim é unha suite tecnolóxica enfocada á xestión e ao marketing turístico. Na súa fase inicial está orientado cara o Camiño de Santiago, coa intención de permitir a súa escalabilidade a calquera ámbito do sector turístico. Integra tecnoloxías móbiles e sistemas de conectividade por proximidade, como os balizas sen fíos ou o NFC. Coa integración desta tecnoloxía e o desenvolvemento de aplicacións móbiles os establecementos chegan ao seu consumidor final a través de publicidade totalmente segmentada, enviada de forma eficiente e coa posibilidade de analítica e medición sobre todas as campañas e impactos. Ademais, o propio cliente poderá aproveitarse de promocións en tempo e ubicación real, saber a dispoñibilidade de prazas hoteleiras, das diferentes ofertas gastronómicas, diferentes eventos, consultar a información sobre os puntos de interese turístico, cultural ou social, realizar reservas de calquera tipo e mesmo realizar pagos sen necesidade algunha de levar diñeiro. Así mesmo, fai unha aposta pola realidade aumentada e os elementos interactivos como ferramenta de dinamización.
Por outras banda, 21Nexos, un proxecto de consultaría histórica creado por Balbina Gándara Antelo foi seleccionado como finalista para o premio YUZZ Mujer (patrocinado pola Fundación EY) e optará a 20.000 euros, mentres que Pilgrim, resultou finalista tamén para YUZZ Fintec (iniciativa da Área Corporativa de Innovación de Banco Santander) e poderá optar a catro meses de aceleración da súa idea nos espazos de innovación da Ciudad Grupo Santander.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?