Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Trinta persoas fórmanse en Pontevedra no potencial didáctico dos brinquedos interactivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Trinta persoas fórmanse en Pontevedra no potencial didáctico dos brinquedos interactivos

Redacción
Publicado: 27/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_robots_simuladores.jpgA Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo desenvolve ao longo deste mes o curso Ensinar ciencias con xoguetes interactivos e encerado dixital. Unha educación para o século XXI. Trátase dunha actividade de Extensión Universitaria (forma parte dos cursos de verán da Virreitoría do Campus de Pontevedra) dirixida polos profesores María Álvarez Lires e Francisco Serralé e que conta coa participación de 30 estudantes. O obradoiro, co obxectivo de conseguir que os medios empregados reforcen ao máximo os contidos, estase a impartir por enteiro con encerado dixital: o acubillo e canle de todas as actividades interactivas. Trátase da terceira edición do curso e a súa principal novidade con respecto a anteriores edicións radica, precisamente, nun uso aínda máis integral das novas ferramentas.
Nun plano máis concreto, entre as novidades desta edición atópase un achegamento ao programa de simulación Algodoo, ao robot emocional Aisoy e á programación por bloques e a través de encerados dixitais. Segundo informan os responsables do obradoiro, o gran obxectivo deste é “amosar ao alumnado o que as novas tecnoloxías poden achegar ao ensino”. Tecnoloxías como por exemplo os brinquedos interactivos con potencial docente, aplicables por exemplo para desenvolver as competencias recollidas nos currículos de Infantil e Primaria.
Ademais, no marco dun dos proxectos de innovación educativa aprobados pola facultade para o presente ano académico, o curso afonda tamén no potencial didáctico das aulas virtuais e dos libros interactivos. E tamén da realidade aumentada. Estas liñas formativas, informan os docentes, foron abertas grazas a un convenio co CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?