Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A renovación do portal da Xunta potencia as buscas personalizadas e a visualización dos servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A renovación do portal da Xunta potencia as buscas personalizadas e a visualización dos servizos

Redacción
Publicado: 28/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

novo_portal_xunta_mobiles.jpgA Xunta vén de renovar o seu portal, xunta.gal, e fíxoo apostando (entre outras cousas) por unha meirande concreción nas buscas e por ceibar a interface de todo aquilo que puidese interpoñerse entre o usuario e os servizos fornecidos. O novo sitio corporativo, lanzado este 28 de xuño, salienta tamén polo deseño, “máis actual e máis orientado a facilitar a accesibilidade e a usabilidade”. Segundo engade o Goberno galego, o redeseño concédelle meirande protagonismo ao buscador na portada, seguindo a liña do desenvolvido xa noutros portais da administración autonómica, onde grazas a este impulso da funcionalidade rexistrouse un incremento das operacións de procura.
Ademais, o novo portal está adaptado plenamente para o seu uso en todo tipo de dispositivos (deseño responsive). Con isto quérese dar resposta ao incremento de visitas feitas dende trebellos móbiles experimentado nos últimos meses.
Respecto da estrutura eServizos, foi tamén obxecto de cambios e actualizacións debido ao incremento de recursos dispoñibles e, tamén, a necesidade de facelos chegar máis directamente á cidadanía e ás empresas. Segundo informa a Xunta, “eServizos dá agora maior protagonismo aos contidos máis relevantes e destaca os últimos ou de maior actualidade”. É o caso, por exemplo, da información sobre o sistema de identificación Chave365 para tramitar en liña sen certificados dixitais. “En eServizos”, engade o Goberno galego, “os cidadáns atopan doadamente toda a información sobre como solicitalo ou como localizar nun mapa as oficinas que realizan as funcións de rexistro de novos usuarios”.
Como dixemos, outro dos obxectivos da reforma do xunta.gal foi fornecer novas dinámicas de busca, agora “máis simplificadas e efectivas”, ao tempo que máis exhaustivas, concretas e personalizadas. Desta maneira e para facernos unha idea das melloras aplicadas, o espazo Temas, ademais de contido actualizado para todas as temáticas e colectivos na sección Para ti, engade a posibilidade de seleccionar a información de interese por “feitos vitais” desde o apartado Que necesitas?. “Deste xeito”, informa a Xunta, “os usuarios poderán buscar información sobre recursos, servizos ou trámites a situacións e necesidades persoais, laborais…”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?