Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As microempresas galegas con páxina web increméntase nun 20%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As microempresas galegas con páxina web increméntase nun 20%

Redacción
Publicado: 28/06/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

As microempresas galegas con páxina web creceron un 20% no último ano e sitúanse no 4º posto no ranking por Comunidades Autónomas. Ademais, as empresas deste segmento experimentaron un incremento do 8% na contratación de banda larga móbil. Estas son algunhas das conclusións que se extraen da enquisa sobre O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2015/2016 publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que vén de analizar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Contidos
  • O uso das TIC nas microempresas galegas
  • Empresas galegas de 10 ou máis asalariados
  • Integración máis avanzada na eAdministración
  • Modelo de xestión empresarial: Cloud computing, sinatura dixital e redes sociais

O uso das TIC nas microempresas galegas

A enquisa sinala que entre as microempresas que contan con conexión a Internet, un 87,7% dispón de banda larga fixa e un 64,8% de banda larga móbil, un 8% máis que no ano anterior. A contratación de banda larga fixa supera a media estatal (86%) en 1,7 puntos, o que permite situar as microempresas galegas no quinto posto no ranking de Comunidades Autónomas neste indicador.
Un 33,2% das microempresas con conexión a Internet dispón de páxina web, experimentando un crecemento do 20,5% no último ano e situándose en valores superiores á media estatal (31,5%). Estes datos permiten situar as microempresas galegas no cuarto posto no ranking de Comunidades Autónomas en dispoñibilidade de páxina web.
En relación ao uso das redes sociais: un 28,6% das microempresas galegas con conexión a Internet empregan as redes sociais, fronte ao 30,4% da media estatal En relación ao uso de ordenador e Internet, un 64,7% das microempresas galegas dispón de ordenador, fronte ao 74,5% do Estado e o 57,4% dispón de conexión a Internet.
En valores próximos á media estatal sitúase a interacción das microempresas galegas coas Administracións Públicas a través de Internet: a media galega sitúase nun 67,6% fronte ao 69,4%% da media estatal.

Empresas galegas de 10 ou máis asalariados

A práctica totalidade das empresas de 10 ou máis asalariados de Galicia dispón de ordenador (98,6%), conexión a Internet (97,9%) e banda larga (99,5%), todos estes indicadores en valores semellantes á media estatal
.
Case oito de cada dez grandes empresas galegas (79,4%) con conexión a Internet ten contratado o servizo de acceso á Rede a través de telefonía móbil de banda larga.
En canto á velocidade de conexión a Internet contratada, un 58,52% das empresas galegas de 10 ou máis asalariados conta cunha velocidade entre 2 Mbps e 30 Mbps, superando a media estatal (54,03%) en 4,49 puntos porcentuais. Ademais, cabe destacar que o 37% das empresas galegas deste segmento ten contratado o acceso a Internet con velocidades de máis de 30 Mbps.
Un 86,8% das empresas galegas de 10 e máis empregados empregan software de código aberto, superando lixeiramente á media estatal e experimentando un crecemento do 2,4% no último ano. O 76,3% das empresas deste segmento dispón de páxina web, situándose en valores próximos á media estatal (77,5%).

Integración máis avanzada na eAdministración

A enquisa do INE permite concluír que as grandes empresas galegas realizan procedementos máis complexos que en anos anteriores coas Administracións Públicas a través de Internet: un 83,9% das empresas galegas de 10 e máis empregados interactuou coas AAPP a través de Internet para obter formularios, un 5,6% máis que o ano anterior e un 75,1% devolveu impresos cumprimentados á Administración a través de Internet, experimentando un crecemento no último ano do 5,3%. En ambos os dous indicadores de eAdministración a media galega supera lixeiramente a media estatal.

Modelo de xestión empresarial: Cloud computing, sinatura dixital e redes sociais

As redes e medios sociais son outro dos fenómenos ligados ás TIC que analiza o OSIMGA a través dos datos do INE. Un 35,5% das empresas galegas de 10 e máis empregados utilizaron algún tipo de medios sociais (Facebook, Linkedin, Google+, etc), experimentando un incremento do 8,7% no último ano
En relación ás tecnoloxías cloud, Un 11,46% das empresas galegas de 10 e máis traballadores compraron algún servizo de Cloud Computing. Por outra banda, cabe salientar un uso elevado da sinatura dixital nas grandes empresas galegas: un 71,9% das empresas galegas de 10 ou máis empregados/as que usaron a sinatura dixital.
As grandes empresas galegas comezan tamén a realizar análises Big Data e actualmente xa un 6,8% destas empresas analizaron Big Data fronte ao 8,5% da media estatal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?