Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG entregou os premios do seu primeiro Concurso de Scratch
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG entregou os premios do seu primeiro Concurso de Scratch

Redacción
Publicado: 28/06/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cpetig_ganadores_scratch.jpgFinalmente o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) entregou os galardóns da primeira convocatoria do seu Concurso de Scratch, unha iniciativa dirixida a fomentar nos escolares o interese polo desenvolvemento informático, ou sexa, por construír coas súas propias mans a Sociedade do Coñecemento botando man da ferramenta Scratch. A cita foi o sábado 25 de xuño e celebrouse en El Corte Inglés de Santiago. O certame tivo como temática, para esta primeira edición, o Camiño de Santiago. No acto de entrega de recoñecementos participaron algo máis de 70 persoas entre as que se atopaban os rapaces premiados acompañados na súa maioría dos seus pais e profesorado dos centros. O concurso contou co patrocinio de El Corte Inglés, Fundación Barrié, Coremain e Gadis.
O acto comezou cunha presentación sobre o uso de elementos físicos programables dende Scratch, onde se lle presentou aos asistentes dende o Scratch para Arduino a placas Raspberry. Rematada a presentación, chegou o intreen que Marcos Mata, presidente do CPETIG, deu paso á entrega de premios. Segundo informa a entidade profesional galega, os rapaces distinguidos polo seu labor recibiron un distintivo para a súa clase, que consistiu nunha impresión en 3D do símbolo de Scratch, un cheque agasallo (achega de El Corte Inglés, CPETIG e Gadis) e os profesores foron premiados tamén cunha tableta (achega de Coremain e o CPETIG). Ademais, os vencedores das dúas categorías, Primaria e Secundaria, recibiron un vale para unha sesión demostrativa científico tecnolóxica da Fundación Barrié.
cpetig_ganadores_scratch_concurso.jpgNesta edición presentáronse medio cento de proxectos levados a cabo por grupos compostos por ata 8 alumnos e un profesor pertencentes a distintos centros de ensinanza Primaria e Secundaria de Galicia. O concurso estivo dividido en dúas categorías: I – de 4º a 6º de primaria e II – de 1º a 3º de secundaria
Nunha primeira fase de selección, a través da ferramenta de análise de proxectos DrScratch, foron 17 os proxectos que obtiveron unha nota de entre 14 e 21 puntos e que pasaron a formar parte do grupo de finalistas. De entre estes, o xurado do I Concurso de Scratch Aprendo Programando, emitiu o seguinte fallo:
Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto Camiño Preguntón do CPI Virxe da Cela, grupo VirtualKids e o segundo premio foi para o proxecto Paseniño, paseniño, faise o camiño do CEIP Vilar de Barrio, grupo Galopíns.
En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o proxecto Andando o Camiño do IES De Brión, grupo Camiñantes e o segundo premio foi para o proxecto Aventuras do Camiño do IES Carlos Casares, do grupo Scratchers en Viana.
O concurso é unha actividade máis das que ven realizando o CPETIG nos últimos anos de cara a difundir os valores da programación entre os nenos, os seus pais e os seus formadores.
Ferramenta que promove o pensamento creativo
Scratch é unha ferramenta informática que permite aos usuarios programar historias interactivas, xogos e animacións, e compartilas en liña con outros membros da comunidade. Deseñada para nenos de idades entre os 8 e os 16 anos, axuda aos máis novos a aprender a pensar de xeito creativo, razoar sistematicamente, e traballar en colaboración coa comunidade.
Por iso, informa o CPETIG, eran obxectivos do concurso “fomentar a aprendizaxe no desenvolvemento de aplicacións informáticas con Scratch; comprender a potencia do seu uso como ferramenta didáctica; favorecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con este software; e desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas e disciplinas educativas”.
Toda a información do concurso está habilitada na web específica do CPETIG, aprendoprogramando.cpetig.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?