Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A firma británica Imperial adquire a galega Apparcar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A firma británica Imperial adquire a galega Apparcar

Redacción
Publicado: 29/06/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

apparcar_app.jpgA empresa inglesa Imperial Civil Enforcement Solutions (Imperial) vén de facerse coa start-up galega Apparcar, investida por Wayra España, a aceleradora de Telefónica Open Future. A firma adquirida, como xa avanzamos no seu día dando conta da súa estreita relación con Wayra, desenvolveu unha innovadora aplicación móbil para iOS e Android que axuda aos condutores a atopar unha praza libre de aparcadoiro, “guiándoos ao seu destino cun só clic”. Esta solución, de balde para os usuarios finais, instálase nas cidades grazas a acordos con concellos e xestores de aparcamentos, que ven como principais beneficios unha mellor xestión do tráfico e unha menor contaminación (o 30% do tráfico nas cidades débese á procura de aparcadoiro).
A firma galega desembarca no Reino Unido tras realizar probas en cidades como Madrid, Santiago de Compostela, Oviedo e Northampton, con máis de 7.000 condutores. Segundo lembran dende a aceleradora de Telefónica, “o que de verdade fai única a Apparcar é que non esta tecnoloxía non precisa sensores nin ningún outro tipo de hardware para identificar que prazas están baleiras e dispoñibles”.
Ashley Bijster, director Xerente de Imperial, informa que “a compra realizouse porque Apparcar é unha solución moi sinxela e eficaz que proba que é posible ter o mellor de dous mundos: por unha banda, é un servizo fiable e cómodo para os condutores, e por outra banda, permite un mellor control do estacionamento para os xestores”. Ademais, sinala, “a aplicación fai desaparecer a frustración, incerteza e incomodidade de buscar unha praza libre”. Ao seu xuízo, “os datos en tempo real, obtidos a través das accións dos usuarios e do GPS, son moi valiosos ao permitir seguir a evolución dos espazos de aparcadoiro e o comportamento dos condutores; isto facilita ás autoridades locais o desconxestionamento do tráfico, o control do estacionamento e simplifica os procedementos”.
Apparcar é froito do enxeño dos seus fundadores, os galegos José Luís Leirós e Alexandre Freire, e foi amosado con éxito nalgúns dos eventos máis importantes do sector, como a feira Smart City Expo World Congress 2015, celebrada en Barcelona, e Parkex 2016, que tivo lugar recentemente no Reino Unido.
“Estamos encantados de unir forzas cunha compañía tan respectada e especializada como Imperial”, sinala Jose Luís Leirós, engadindo que “o éxito das probas en España xerou interese en moitos países e en especial no Reino Unido”. Na súa opinión, “a experiencia dos condutores é mala en calquera parte do mundo e os responsables de xestionar os aparcadoiros nas cidades enfróntanse a un gran reto”. Neste senso, indica, Apparcar “é unha solución que permite obter información da ocupación en tempo real para que condutores e xestores poidan tomar sempre as mellores decisións”. Leirós tamén amosou a súa confianza en que, logo desta adquisición, Imperial implante Apparcar noutros países.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?