Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant impulsa tecnoloxías Deep Learning para a análise avanzada da información inxente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant impulsa tecnoloxías Deep Learning para a análise avanzada da información inxente

Redacción
Publicado: 29/06/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

gradiant_deep_learning.jpgA análise exhaustiva de que dicimos e de como o dicimos presenta nos últimos tempos unha salientable liña evolutiva. Nesta liña evolutiva, o Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) é en certa maneira a columna vertebral que o estrutura todo. Este ámbito do PLN tivo moita aplicación no pasado para a análise automática de textos. Hoxe, co espallamento das redes sociais, segue a tela con máis razón (esa gran cantidade de coñecemento inxente que xeran cada pouco os integrantes das comunidades en liña). Segundo sinala o Centro Tecnolóxico Gradiant, punta de lanza internacional neste tipo de investigacións sobre a linguaxe, esta información é de gran interese para as empresas que precisan a realimentación dos usuarios sobre os seus produtos ou que buscan. O potencial do PLN para estes ámbitos (as actividades de mercado, a mercadotecnia, a ciencia empresarial) é ben amplo. Porén, a liña evolutiva do Procesamento de Linguaxe Natural está a deparar unha nova sorpresa. Falamos do Deep Learning, o seguinte chazo evolutivo desta ciencia da información.
Gradiant, de feito, xa ten adoptado as tecnoloxías Deep Learning (DL) para gañar competitividade internacional en tecnoloxías de PLN. Nun plano máis concreto, desde Gradiant desenvólvense algoritmos propios baseados nos principios do DL para construír as tecnoloxías intelixentes do futuro.
Sobre as orixes do Deep Learning, sinalar que están xustamente na necesidade de ampliar a capacidade do Procesamento de Linguaxe Natural ante a aparición de múltiples frontes novas de datos. Segundo lembra Gradiant, “a comprensión da linguaxe empregada polos usuarios en redes sociais é algo extremadamente complexo para os computadores, de feito os seres humanos poden expresarse en linguaxe natural de infinidade de maneiras”. O que acontece é que, ademais, “os textos informais están infestados de erratas, erros gramaticais e, a maiores, en redes sociais, é común a presenza de construcións específicas (etiquetas, cancelas ou emoticonas) que complican aínda máis a súa análise automática”, engaden fontes do centro tecnolóxico galego, que aínda van alén disto lembrando que se ben os seres humanos aprendemos doadamente novas palabras, por contexto, nos computadores este labor de aprendizaxe enléase ata un grao alto de complexidade. É aí precisamente onde entra en xogo a tecnoloxía Deep Learning: facendo que o devandito proceso se faga de maneira automática.
Gradiant recorda tamén que Deep Learning é actualmente unha tendencia firme, xa que se emprega en moitas aplicacións que realizan operacións complexas, no pasado reservadas de maneira exclusiva aos seres humanos. Este é o caso dos sistemas para o recoñecemento de voz (por exemplo Siri, Cortana ou Google Talk) ou visión por computador (recoñecemento facial ou de obxectos).
Para o centro tecnolóxico galego hai dous factores decisivos para o impulso do PLN nos últimos anos. Por unha banda o ámbito das Word Embeddings (tradución de palabras a un dominio matemático onde as palabras represéntanse con números que tratan de capturar a semántica da palabra) e pola outra a abstracción de máis alto nivel de textos (grazas ao Deep Learning as representacións das palabras combínanse de maneira intelixente para obter unha visión semántica de documentos máis complexos, como frases ou documentos). Con esta información, explica Gradiant, “pódese obter unha comprensión do significado real de textos complexos, acadándose así mellores resultados en comparación con sistemas de PLN previos que realizan análises de sentimento, tradución automática, detección de entidades ou sistemas de pregunta/resposta”.
Para Gradiant, o eido do Deep Learning supuxo unha gran mellora que reduciu a distancia existente entre expertos e computadores de forma dramática durante o últimos cinco anos”. Ademais, as tecnoloxías DL atópanse na actualidade nunha situación “moi doce”, explican fontes do centro galego, que lembran que este ámbito conta cunha comunidade académica moi entusiasta e grandes compañías como Google, Apple ou Microsoft investindo diñeiro nesas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?