Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Prosegur empregará o posicionamento en interiores da galega Situm
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Prosegur empregará o posicionamento en interiores da galega Situm

Redacción
Publicado: 29/06/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

situm_mobil.jpgA empresa de seguridade privada Prosegur vén de informar da adquisición de nova e revolucionaria tecnoloxía para incorporar á súa plataforma de xestión de recursos móbiles iTRACK. Estamos a referirnos á tecnoloxía da firma galega Situm, máis en detalle á súa ferramenta de posicionamento en interiores. Coa axuda de Situm poderase profundar nos servizos asociados a iTRACK, que segundo Prosegur “son de aplicación en diversos ámbitos, e que perseguen unha maior eficiencia do uso dos recursos onde hai unha alta concentración de persoal.” A tecnoloxía de Situm, resultado de máis de 8 anos de investigación, axudará a Prosegur a prover aos seus clientes da máxima precisión en localización coa mínima infraestrutura.
Os desenvolvementos da empresa galega permiten comprobar en todo intre a localización dos vixiantes, o que se traduce nun tempo de resposta mínimo perante calquera incidencia. Asemade, coa plataforma iTrack pódense desenvolver un conxunto de funcionalidades adicionais que permiten incrementar a produtividade e a seguridade, maximizando as súas opcións de mercadotecnia baseada na localización, minimizando o custo, a marxe de erro e reducindo o tempo de despregamento respecto doutras tecnoloxías de posicionamento nun factor de ata 10.
Como conclusión, a unión de Prosegur e o servizo de localización en interiores de Situm (unha plataforma global, escalable e baseada na nube) permitirá incrementar a produtividade en todo tipo de equipos de traballo. Ademais, impulsará a seguridade a unha ampla gama de clientes cuxas operacións cotiás impliquen unha concentración alta de persoal e usuarios: aeroportos, hospitais, estadios deportivos, eventos, universidades, fábricas, centros comerciais, etc.
A xeito de curiosidade, podemos engadir que Situm foi escollida polo SERGAS (Servizo Galego de Saúde) como ferramenta de localización, navegación e asistencia amais de ser elixida como unha das tecnoloxías máis innovadoras de 2016 no Mobile World Congress.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?