Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A industria naval introdúcese na realidade virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A industria naval introdúcese na realidade virtual

Redacción
Publicado: 30/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aimen_realidade_virtual.jpgOnte desenvolveuse no Porriño a xornada Realidade virtual e realidade aumentada no sector naval, inserida na iniciativa Shipbuilding 4.0. Ao encontro (celebrado no Centro de Aplicacións Láser de AIMEN) asistiron unha trintena de empresarios e técnicos da industria, entre eles: AIMEN, GAIN (Axencia Galega de Innovación) e ACLUNAGA, cuxo obxectivo foi dar a coñecer solucións tecnolóxicas avanzadas de realidade virtual e aumentada con aplicación en construción naval, e promover encontros entre provedores de tecnoloxía e potenciais usuarios. Trátase dunha técnica novidosa, sinalaron os organizadores do evento, con alto grao de penetración noutras industrias, como a do motor ou a aeronáutica.
Na xornada, José Luis de Nicolás Sánchez, técnico de CIS Galicia, presentou diferentes aplicacións de realidade virtual aumentada na industria, así como o seu equipamento avanzado e os recursos de apoio que proporciona este centro, integrado na GAIN, para testar e incorporar estas tecnoloxías innovadoras en empresas do sector naval.
Pola súa banda, Miguel Vilar Montesinos, xefe do Departamento de Sistemas para a Enxeñaría de Navantia, explicou a experiencia da compañía como usuaria desta tecnoloxía. Pois contan con dous centros de deseño virtual, nos que realizan simulacións para revisar as estruturas dos buques, o seu mantemento, a formación dos operarios ou a planificación da produción, entre outras actividades.
aimen_realidade_virtual_xornada.jpgAlberto Luaces, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica da Universidade da Coruña presentou distintas aplicacións industriais da simulación virtual en deseño, prototipado e adestramento que realizan para sectores como o biomédico, a automoción ou a pesca, entre outros.
Asemade, provedores de tecnoloxía como Sener e ESI Group amosaron como a realidade virtual pode ser unha ferramenta eficaz en tarefas como a formación do persoal de produción, en actividades de mercadotecnia e vendas para a exhibición do produto ao cliente final, ou para a revisión do deseño. Do mesmo modo, Indra presentou os seus avances en simulación de operacións mediante serius games (semellante a un videoxogo) que ten como finalidades formar e avaliar aos operarios na realización de distintos procesos mediante a inmersión en realidade virtual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?