Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados os galardóns da terceira edición do campionato galego D3Mobile
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados os galardóns da terceira edición do campionato galego D3Mobile

Redacción
Publicado: 30/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

d3dmobile_cmierdbxeaiozjh.jpgFinalmente os equipos vencedores na D3Mobile Metrology World League 2016, que avanzamos os días pasados dende Código Cero, recibiron este mércores os seus respectivos premios no marco dunha cerimonia que congregou na Escola Politécnica Superior da USC a preto de medio centenar de estudantes de ESO e BAC e profesorado de centros educativos de ensino medio de Galicia e doutras comunidades autónomas como Castela e León ou Asturias. O gañador desta terceira edición foi o equipo Aspaveres, do IES Nº1 de Ribeira, formado por Abel Muñiz Cameán, Marta Franco González, Almudena Pérez Parada e José Manuel Pena Fernández, coordinados pola profesora Margarita Saborido Ojea. Elaboraron o modelo 3D dun tipo de zapatilla moi popular e moi espallada entre os adolescentes e que xa fora modelada en edicións previas.
Cada alumno deste equipo de Ribeira recibiu un premio tecnolóxico, e o centro ao que pertencen equipamento de laboratorio, unha subscrición á revista Educación 3.0 e unha zapatilla asinada por Pau Gasol.
O subcampión do certame, cun modelo 3D dunha estatua da Virxe María, foi o equipo Black Rangers do Salvador formado polos alumnos Salvador Mejía Rosales, Ariel Alexander Cruz Martínez, José Alejandro Ramírez Trujillo e Carlos Rafael Gil Alvarado, coordinados polo profesor Salvador Ernesto Rivas Leiva, que non puideron asistir á cerimonia en Lugo. Como tampouco puido o gañador do terceiro premio, o equipo estepeño Awawa69 dos Eduardo Muñoz Tejada, Rafael Muñoz Sánchez e Sergio Gálvez Martín que, coordinados por Salvador Páez Díaz, realizaron o modelo 3D dun galo.
O equipo Ausiets, de Gandía (Valencia), formado por Pau Sánchez Climent, Aly Alexandra Cuba, Xema Martínez Pascual e Julieta Antoniazzi, coordinados por Amparo Bataller Vidal, foi o equipo debutante mellor clasificado tras elaborar o modelo 3D dunha figura xeométrica.
Pola súa banda, Ángela Mª Martín García, Inés Suárez Arca, Paula Pastor Calvo e Lucía Menéndez Arca, do IES Val de Ebro, foron os máis votados polos propios finalistas co modelo 3D da escultura Hortelana, situada na localidade navarra na que viven, Tudela, vila que xa foi premiada na edición anterior con outra das súas esculturas urbanas realizada por outro equipo do mesmo centro, coordinado tamén polo profesor Paulino José Martínez Salcedo.
D3Mobile, como recordaremos, é un campionato pioneiro de modelado 3D de precisión teléfono móbil orientado a estudantes preuniversitarios e promovido polo grupo de investigación USCAN3D da USC en colaboración coa Fecyt, Fundación Vodafone España, o Centro Español de Metroloxía (CEM) e o Instituto Xeográfico Nacional (IGN-CNIG), ademais doutras entidades públicas e privadas. Na competición deste ano tomaron parte 1.348 alumnos e 249 profesores de 223 centros educativos de 37 países de todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?