Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os recursos de impulso dixital de Google, a disposición dun centenar de PEME en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os recursos de impulso dixital de Google, a disposición dun centenar de PEME en Santiago

Redacción
Publicado: 01/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara_comercio_santiago_google.jpgMáis de cen PEME galegas xuntáronse este xoves 30 na sede da Cámara de Comercio de Santiago para participaren no obradoiro presencial de Activa o teu Negocio, o proxecto impulsado por Google co obxectivo de optimizar a presenza e actividade en liña das PEME a través de formación en competencias dixitais e no que concorren como socios a Fundación INCYDE das Cámaras de Comercio, BBVA e CEPYME. No obradoiro presencial, de cinco horas de duración, os nosos profesionais e empresarios aprenderon os pasos que deben seguir para definir a estratexia dixital da súa empresa.
Esta formación, informa a Cámara, compleméntase con 23 módulos dixitais con contidos creados por especialistas sobre presenza en liña, comercio electrónico, redes sociais ou buscadores, froito da colaboración de máis de 100 expertos en tecnoloxía e competencias dixitais de Europa e avalada por IAB Europe e IAB Spain.
camara_comercio_santiago_google_post.jpg O secretario xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Barros, indicou que “a día de hoxe, nun mundo globalizado, é fundamental para as pequenas e medianas empresas adquirir os coñecementos básicos precisos para dixitalizaren o seu negocio e iniciar o camiño cara ao éxito en liña”. E engadiu: “As PEME do sector comercial deben especializarse na venda online para poder competir coas grandes multinacionais que desde hai anos están a competir na Rede”. Ademais, manifestou que a presenza en redes sociais é imprescindible para dar a coñecer a empresa e chegar a un público máis amplo.
Pola súa banda, Cristina Hernández, coordinadora do proxecto Activa o teu Negocio de Google, comentou que tralos bos resultados acadados co programa Actívate, “grazas ao que formamos ata agora a máis de 118.000 mozos en competencias dixitais e emprendemento”, púxose en marcha Activa o teu Negocio para contribuír a unha mellor carreira comercial das nosas firmas a través dunhas meirandes presenza e participación nas novas canles. “A través desta plataforma ofrecemos formación gratuíta de balde e dixital e ensinamos as ferramentas que axudarán aos negocios no seu camiño cara ao éxito”, comentou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?