Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG convoca ao sector TIC galego para presentar a súa Historia da Informática en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG convoca ao sector TIC galego para presentar a súa Historia da Informática en Galicia

Redacción
Publicado: 04/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

historia_da_informatica_en_galicia.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai presentar este martes día 5 de xullo o resultado dunha exhaustiva investigación polo percorrido en Galicia do que coñecemos como informática, dende as orixes da nosa relación cos díxitos ata este presente actual das TIC no que estamos a vivir, dominado polas posibilidades (amplas e, en parte, aínda por desvelar) de cousas como coñecemento inxente (Big Data), o cómputo avanzado e a Internet das Cousas. O traballo en cuestión, Historia da Informática en Galicia. Unha cronoloxía, xurdiu baixo a coordinación de Javier García Tobío, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e membro da Xunta de Goberno do CPEIG, e polo presidente deste colexio, Fernando Suárez Lorenzo. Henrique Neira foi o responsable da edición dos textos.
O acto de presentación, que estará presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, desenvolverase a partir das 19.30 horas no auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, perante unha ampla representación académica, empresarial e profesional do noso sector das novas tecnoloxías da información.
A obra, sinala o CPEIG, é un primeiro achegamento á relación da nosa terra co coñecemento dixital, que o Colexio agarda ampliar no futuro. “É o primeiro produto dun proxecto máis amplo para recuperala e difundila”, explica a entidade que preside Fernando Suárez, engadindo que estamos ante unha cronoloxía de máis de 200 páxinas que ten entre os seus obxectivos amosar “que existe en Galicia desde hai séculos unha tradición de coñecementos de cálculos matemáticos e astronómicos; sistemas de numeración, de medida e de comunicación; construción, comercio e uso de aparellos de precisión como reloxos, autómatas e máquinas de calcular; estudo e produción de bibliografía científica; ensinanza e moitas profesións relacionadas”.
O prólogo do libro correu a cargo de Miguel Ángel Ríos, presidente da Real Academia Galega das Ciencias. Tamén conta cunha achega do presidente do CPEIG, a xeito de co-introdución. Mediante o libro, o Colexio quere “recoller e pór en coñecemento da sociedade casos de éxito nos que Galicia é todo un referente”.
O CPEIG, previamente á presentación oficial, agradeceu ás seguintes empresas e institucións a súa contribución como patrocinadores para que o libro –do que se editaron mil exemplares- sexa unha realidade: Altia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Bahía Software, Cluster TIC de Galicia, Emetel, Epson, Everis, HPE-Intel, Indra, Oracle, Plexus, R, Telefónica, Vodafone e Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?