Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña contribuirá ao pulo dixital das accións turísticas dos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña contribuirá ao pulo dixital das accións turísticas dos concellos

Redacción
Publicado: 05/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_coruna_app_turismo.jpgA Deputación da Coruña, a través da súa Área de Turismo, vén de presentar a súa nova liña de incentivos para atraer visitantes aos concellos da provincia e, tamén, para conseguir que volvan e manteñan o contacto connosco. Unha liña de traballo que pasa, de cheo, pola fórmula TIC. Deste xeito, amais de elementos de sinalización, equipamentos nas oficinas turísticas, novos acondicionamentos de áreas de interese e material de divulgación, impulsaranse aplicacións para dispositivos móbiles destinadas a promover turisticamente os concellos coruñeses. A iniciativa está financiada con medio millón de euros e insírese no programa de subvencións a concellos para a súa promoción turística.
Este programa e as súas liñas de acción baséanse nunha realidade plenamente constatada: a fonda transformación dixital que está a sufrir nos últimos tempos a promoción turística dos concellos. A Deputación da Coruña quixo que esta viraxe tamén se reflectise nas súas subvencións turísticas concedidas a concellos e entidades locais.
Segundo apunta a institución provincial, entre os proxectos que se han subvencionar son varios os concellos que presentaron iniciativas encamiñadas á creación de aplicacións para móbiles ou diversas actuacións no ámbito das TIC, o que suporá un importante cambio na comunicación turística no entorno dixital.
Polo tanto, a Área de Turismo da Deputación contribuirá, á modernización da promoción turística en concellos como a Pobra do Caramiñal, que porá en marcha unha aplicación para móbil do museo e a ruta Valle Inclán, Ames, Betanzos, Brión, a Capela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Ferrol, Malpica de Bergantiños, Mañón, Muxía, Negreira, Ordes, Outes, Rianxo, San Sadurniño, Santa Comba, Tordoia ou Touro que mellorarán a súa presenza na Rede. Ademais a través da convocatoria o Consorcio de Turismo e Congresos creará unha páxina web para a Regata The Tall Ships Races e a Mancomunidade de concellos da Comarca de Ferrol para a promoción do produto turístico Surf.
Segundo fai saber o deputado Xosé Rogueira ao fío da natureza destas accións, “a Rede está a modificar a grande velocidade a promoción turística e as novas tecnoloxías están a ser fundamentais para a difusión dos distintos produtos do sector polo que é de grande interese que os concellos participen nestes cambios e invistan na modernización dos seus sistemas de comunicación”.
Turismo da Deputación fixo pública a aprobación da concesión definitiva das subvencións de promoción turística que supoñen un investimento de medio millón de euros. Ademais da mellora da comunicación dixital dalgúns dos destinos turísticos, os obxectos das subvencións concedidas aos distintos concellos inclúen propostas como acondicionamentos de roteiros, sinalizacións, paneis LED de información, melloras de oficinas de turismo, subministracións para eventos ou equipamentos de puntos de información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?