Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amosan en Vigo os seus avances en coñecemento e comunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amosan en Vigo os seus avances en coñecemento e comunicación

Redacción
Publicado: 05/07/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_doutorandos.jpgEste luns arrincou en Filoloxía e Tradución (Universidade de Vigo) a segunda edición das Xornadas de Doutorandos en Comunicacións, cita formativa para estudantes en proceso de obteren o doutoramento na dita especialidade. Nos encontros participan unha decena de investigadores novos, achegando as súas achegas en diversos eidos temáticos, moitos deles ligados directamente ás novas tecnoloxías da información: Twitter e a política, xestión de marcas a nivel persoal e non empresarial, pontes entre o subtitulado e a lingua de signos, etc. As xornadas, que se desenvolven tamén hoxe, son un palestra para amosar o miolo dos traballos dos futuros integrantes do noso tecido investigador.
Coordinada polos profesores Mª José Corvo Sánchez e Benigno Fernández Salgado, a inauguración desta cita contou tamén coa participación de Luis Alonso Bacigalupe, decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, que fixo especial fincapé na importancia da comunicación como “unha actividade transversal e esencial” que xera un gran valor engadido para as empresas. “Vivimos un tempo complexo no que parece que todas as actividades que non sexan enxeñaría e tecnoloxías non son importantes, pero tamén no que as cousas empezan a mudar e hai xa síntomas de que as habilidades comunicativas comezan a valorarse e a facerse necesario un perfil de expertos en comunicación coma o que vós representades”, salientou o decano.
A primeira en amosar os seus traballos foi a investigadora Ana María da Silva Vieira, que presentou os principais puntos dunha investigación coa que pretende afondar nos vínculos que unen os ámbitos das relacións públicas e do secretariado. No caso de Julinda Molares, outra das investigadoras participantes, a súa intervención xirou en torno a xestión da denominada marca persoal, personal branding en inglés, un concepto de desenvolvemento persoal que consiste en considerar a determinadas persoas como unha marca que, ao igual cas marcas comerciais, debe ser elaborada, transmitida e protexida, con ánimo de diferenciarse.
No caso de Xavier Martínez Rolán, vicedecano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, fixo nos encontros unha aproximación aos diferentes estudos que se realizaron sobre Twitter desde a comunidade académica, con especial interese no relativo aos medios de comunicación e á política, tanto internacional como nacional e rexional/local.
A influencia do teatro na creación cinematográfica do realizador nipón Hayao Miyazaki, os formatos de debate no prime-time das cadeas autonómicas de Galicia, unha análise crítica da biografía feita por Ángel de la Calle sobre a fotógrafa italiana Tina Modotti, a relación entre subtitulado e lingua de signos española e estratexias de contidos para as redes sociais das institucións de educación superior en Europa, son outros temas nos que están a traballar esta nova xeración de comunicadores e que se presentaron nas xornadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?